Buscar en este blog ...

7 nov. 2010

V Circuito Galego Escolar 2010

Rematou o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar. Este circuíto auspiciado e coordinado pola Federación Galega de Xadrez ten como obxectivo a promoción do xadrez entre as rapazas e rapaces galegos ata os 16 anos. Para os que non saibades de que vai, tratase dun sistema de competición similar o GP de motos ou a F1. Nesta edición eran 17 torneos, organizados por distintos clubs e entidades por todo o territorio galego. En cada torneo os 10 primeiros clasificados conseguían puntos (1º clasf. 12puntos, 2º clasf 10puntos, 3º clasf 8puntos, 4ºclasf 7puntos, ...) que se ían acumulando para ao rematar tódolos torneos ter unha clasificación xeral do campionato. Aparecer na clasificación final xa ten o seu mérito pois quere dicir que polo menos nun dos torneos conseguiches estar no "top-ten". Nesta edición a participación do club foi escasa pero brillante pois os catro xogadores que acudiron a algún torneo puntuaron e dous de eles estiveron no podio final. Cibrán en categoría sub-10 acadou o posto 20 da xeral. Lúa en categoría sub-14 rematou 15ª, Mireya en categoría sub-10 foi 5ª na xeral e subiu o podio como campioa feminina ao igual que Breixo en categoría sub-16 onde acadou a 3ª posición.
A cerimonia de clausura e a entrega de premios tivo lugar no recinto de EXPOURENSE o domingo 31 de outubro onde se celebrou o último dos 17 torneos, no que participaron Breixo e Lúa. Se queres saber mais pica nos seguintes enlaces:
Crónica do último torneo III Festival Internacional “Deporte-ciencia para a Xuventude”

Crónica do final do Circuíto

Clasificación final do V Circuíto Galego de Xadrez Escolar na páxina da FEGAXA

Información sobre o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar na páxina da FEGAXA

6 nov. 2010

ELO FEDA do mes de novembro


Parabens as novas incorporacións especialmente a Mireya e a Lúa que siguen a senda de Elvia.
¡¡¡¡Fantastico o xadrez femenino do Laroca!!!!.

4 nov. 2010

Inicio clases para "adultos"

Hoy, a las 18:30, en el club de la 3ª edad de A Ramallosa empiezan las clases para "adultos". Como ya se habló en la asamblea, las clases son los Marte y los Jueves en el siguiente horario:

Inicio: 18:30
Fin: 21:30 (aprox)
Os esperamos a todos los que tengáis ganas de exprimiros un poco el cerebro, aprender y pasarlo bien.

2 nov. 2010

Torneo Santa Lucía - ONCE (Vigo)

O noso club esta participando un ano mais no Torneo de xadrez Santa Lucia que organiza a ONCE no edificio que a organización ten en Vigo.
Calendario e resultados:
16/10/2010 Club de Xadrez Laroca 4-0 ONCE-Vigo
17/10/2010 Mosefesa & Wailers 3-1 Club de Xadrez Laroca
23/10/2010 Club de Xadrez Laroca 1-3 Ajedrez Bouzas
24/10/2010 Helios-Bembrive 1-3 Club de Xadrez Laroca
06/11/2010 Club de xadrez Laroca - Escola de Xadrez Pontevedra