Buscar en este blog ...

2 abr. 2017

3 victorias e 2 derrotas na 9ª xornada de liga


Xornada novena na liga galega de xadrez. Xornada dispar para os equipos do Xadrez Laroca Nigran.  Tres vitoria (Laroca A, Laroca C e IES Auga dá laxe) e dúas derrotas ( Laroca B, Mallon) resultado final.

En terceira división esta era a última xornada e os nosos remataron tamén a sua participación. O IES Auga dá Laxe rematou no terceiro posto da clasificación xeral con 22,5 puntos e a dous do segundo posto que dá dereito ao ascenso. A vitoria de hoxe por 4-0 ante o Mos C non foi suficiente para lograr o tan ansiado ascenso. Doutra banda o Mallón non foi capaz de dobregar ao Bouzas B. Cun equipo mermado en efectivos Juan, Agustín e Mauro conseguiron un punto que os sitúa na clasificación final no quinto posto.

De todos os xeitos esta foi a primeira experiencia en liga dos nosos campións e campioas, acompañados por Jose Manuel, Pombo, Juan e Agustín, e seguro  que o próximo ano volverán tentalo. O noso parabén a Pablo, Ana, Hugo, Laura, Osian, Constantino, Mauro, Matías e os ascendidos de cuarta Guillermo, Sara, David, Adrián e Iago; todos eles e elas grandes campións que seguro que acabarán dándonos grandes alegrías no futuro.

30 mar. 2017

Fase final liga de cuarta


Xa están preparados os emparellamentos para a fase final de Cuarta División da liga Galega de Xadrez Pontevedra Sur 2017 que terá lugar o vindeiro domingo día 2 nas instalacións do IES Auga dá Laxe de Gondomar. Tras a eliminatoria, o pasado domingo, os oito equipos clasificados enfrontaranse entre si co obxectivo de alzarse coa vitoria final.

O club xadrez Laroca volveremos preparar as instalacións para que os xogadores e xogadoras e os seus acompañantes atopen o ambiente máis agradable posible e gocen dunha tarde intensa e chea de emoción. Recibiremos aos pequenos-grandes xogadores e xogadoras e faremos todo o posible para que nada falle e poidan gozar.

28 mar. 2017

Cuarta división Liga Galega de Xadrez 2017


Así comeza a fase inicial Pontevedra Sur de cuarta división da liga galega de xadrez 2017. Este ano o Club de xadrez Laroca aceptamos o reto de organizalo e nas instalacións do IES Auga dá Laxe de Gondomar puxémonos ao tema.


8ª xornada de liga


Achégase xa o final da liga, estamos a falta de tres encontros en primeira e segunda e unha en terceira, e esta foi unha mala xornada para os equipos do Xadrez Laroca, a pesar do cal seguimos mantendo aos nosos equipos en boas posicións nas diferentes clasificacións xerais.

Tres derrotas e unha soa vitoria foron o resultado final desta oitava xornada de liga.
  
UNIVERSITARIO DE OURENSE A
3.0 - 1.0
LAROCA-NIGRAN A
MOSEFESA & THE WAILERS
4.0 - 0.0
LAROCA-NIGRAN B
LAROCA-NIGRAN C
3.5 - 0.5
EXP CONCELLO DE PONTEVEDRA
VILLA DE BOUZAS B
4.0 - 0.0
 IES AUGA DA LAXE - LAROCA

19 mar. 2017

Exito Laroqueiro na 7ª xornada da liga



Unha xornada máis na liga galega de xadrez, xa é a sétima. Os cinco equipos do Club Xadrez Laroca seguimos na loita e cumprindo obxectivos. Esta era unha  xornada complicada para os Laroqueiros que, unha vez máis, foi resolta con éxito.

Resultados dos nosos equipos na xornada:

LAROCA-NIGRAN A
1.5 - 2.5
XADREZ OURENSE B
LAROCA-NIGRAN B
2,5 - 1.5
CLUB XADREZ MOS A
XADREZ ALBATROS A
2 - 2
LAROCA-NIGRAN C
IES AUGA DA LAXE
3.5 – 0.5
EXP-CSCR BEADE
CLUB XADREZ MOS E
0 - 4
MALLON LAROCA

12 mar. 2017

Liga Galega 6ª xornada


Despois dunha tarde tensa para os nosos equipos finalizou a 6ª xornada de liga, dunha maneira diferente a que ven sendo habitual. Este sábado 11 de marzo non logramos ningunha vitoria, a persar do cal tres empates e unha derrota singuen deixando aos nosos equipos nunha situación inmellorable para afrontar a segunda metade da liga.

Ao IES Auga dá Laxe de terceira división tocoulle nesta xornada descansar, a todos menos a Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández, que xogaron co Laroca-C en segunda división.

Estes foron os resultados fináis dos nosos equipos:

VILLA DE BOUZAS 2.0 - 2.0 LAROCA-NIGRAN A

LAROCA-NIGRAN B

1.0 - 3.0

XADREZ ALBATROS A

CLUB XADREZ MOS B

2.0 - 2.0

LAROCA-NIGRAN C

MALLON - LAROCA

2.0 - 2.0

CLUB XADREZ MOS D

4 mar. 2017

5ª xornada de liga. Seguimos na loita


Unha nova xornada de liga celebrouse este sábado 4 de marzo. A 5ª xornada celebrouse con diferentes resultados para os nosos equipos que seguen mantendo todas as súas opcións en cada unha das categorías. 3 vitorias, e 2 derrotas foi o resultado final dos nosos representantes nesta liga.


28 feb. 2017

Rematou Viveiro 2017


Rematado o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18 nos que un ano máis xadrecistas do noso club dérono todo e conseguiron poñer ao Xadrez Laroca onde ten que estar.

Este ano os nosos cinco magníficos atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltamos de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub18 e sub14.

26 feb. 2017

Campionato Galego de xadrez sub-10, sub-14 e sub-18 2017

Viveiro 25 a 28 de febreiro de 2017

En terras de Viveiro estase a celebrar este fin de semana o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18.


Desde o día 25 ao 28 de febreiro terán lugar un total de oito partidas a un ritmo de xogo de 60 minutos + 30 segundos para a categoría Sub-10 e 90 minutos + 30 segundos para as outras dúas categorías.


19 feb. 2017

4ª xornada de liga 2017



Este sábado 18 de febreiro o Club Xadrez Laroca afrontamos a cuarta xornada da liga Galega de Xadrez e nesta xornada seguimos mantendo as espadas no alto. Nesta ocasión conseguimos 4 vitoria e 1 derrotas, o que fixo desta unha xornada excepcional.

12 feb. 2017

3ª xornada da Liga Galega de Xadrez


Este sábado 11 de febreiro tivo lugar a terceira xornada da liga galega de xadrez na que o Club Xadrez Laroca de Nigran obtivemos unha vitoria (IES Auga da Laxe), dous empates (Laroca A e Laroca B) e dúas derrotas pola mínima (Laroca C e Mallón).

Liga Galega 2017



O pasado 28 de xaneiro comezaba a liga galega de xadrez 2017, coa participación de 7 equipos do noso club (un equipo en 1ª división, dous en 2ª, dous en 3ª e dous en 4ª). Un total de 44 persoas amantes de este deporte participaremos este ano con ilusión e con ganas de conseguir tódoslos éxitos posibles e, sobretodo, de divertirnos e aprender.