Na II Gala do Deporte do Concello de Gondomar, resultaron premiados dous deportistas do noso Club Xadrez Laroca. Esta vez foron Ana Fernández Carneiro en feminino, que repite por segundo ano, e Artai Bringas Gómez en masculino.
3 abr. 2017
2 abr. 2017
3 victorias e 2 derrotas na 9ª xornada de liga
Xornada novena na liga galega de xadrez. Xornada dispar para os equipos do Xadrez Laroca Nigran. Tres vitoria (Laroca A, Laroca C e IES Auga dá laxe) e dúas derrotas ( Laroca B, Mallon) resultado final.
En terceira división esta era a última xornada e os nosos remataron tamén a sua participación. O IES Auga dá Laxe rematou no terceiro posto da clasificación xeral con 22,5 puntos e a dous do segundo posto que dá dereito ao ascenso. A vitoria de hoxe por 4-0 ante o Mos C non foi suficiente para lograr o tan ansiado ascenso. Doutra banda o Mallón non foi capaz de dobregar ao Bouzas B. Cun equipo mermado en efectivos Juan, Agustín e Mauro conseguiron un punto que os sitúa na clasificación final no quinto posto.
De todos os xeitos esta foi a primeira experiencia en liga dos nosos campións e campioas, acompañados por Jose Manuel, Pombo, Juan e Agustín, e seguro que o próximo ano volverán tentalo. O noso parabén a Pablo, Ana, Hugo, Laura, Osian, Constantino, Mauro, Matías e os ascendidos de cuarta Guillermo, Sara, David, Adrián e Iago; todos eles e elas grandes campións que seguro que acabarán dándonos grandes alegrías no futuro.
30 mar. 2017
Fase final liga de cuarta
Xa están preparados os emparellamentos para a fase final de Cuarta División da liga Galega de Xadrez Pontevedra Sur 2017 que terá lugar o vindeiro domingo día 2 nas instalacións do IES Auga dá Laxe de Gondomar. Tras a eliminatoria, o pasado domingo, os oito equipos clasificados enfrontaranse entre si co obxectivo de alzarse coa vitoria final.
O club xadrez Laroca volveremos preparar as instalacións para que os xogadores e xogadoras e os seus acompañantes atopen o ambiente máis agradable posible e gocen dunha tarde intensa e chea de emoción. Recibiremos aos pequenos-grandes xogadores e xogadoras e faremos todo o posible para que nada falle e poidan gozar.
28 mar. 2017
Cuarta división Liga Galega de Xadrez 2017
Así comeza a fase inicial Pontevedra Sur de cuarta división da liga galega de xadrez 2017. Este ano o Club de xadrez Laroca aceptamos o reto de organizalo e nas instalacións do IES Auga dá Laxe de Gondomar puxémonos ao tema.
8ª xornada de liga
Achégase xa o final da liga, estamos a falta de tres encontros en primeira
e segunda e unha en terceira, e esta foi unha mala xornada para os equipos do
Xadrez Laroca, a pesar do cal seguimos mantendo aos nosos equipos en boas
posicións nas diferentes clasificacións xerais.
Tres derrotas e unha soa vitoria foron o resultado final desta oitava
xornada de liga.
UNIVERSITARIO
DE OURENSE A
|
3.0
- 1.0
|
LAROCA-NIGRAN A
|
MOSEFESA
& THE WAILERS
|
4.0 - 0.0
|
LAROCA-NIGRAN B
|
LAROCA-NIGRAN C
|
3.5 - 0.5
|
EXP
CONCELLO DE PONTEVEDRA
|
VILLA
DE BOUZAS B
|
4.0 - 0.0
|
IES AUGA DA LAXE - LAROCA
|
19 mar. 2017
Exito Laroqueiro na 7ª xornada da liga
Unha xornada máis na liga galega de xadrez,
xa é a sétima. Os cinco equipos do Club Xadrez Laroca seguimos na loita e
cumprindo obxectivos. Esta era unha xornada complicada para os Laroqueiros que,
unha vez máis, foi resolta con éxito.
Resultados dos nosos equipos na xornada:
LAROCA-NIGRAN A
|
1.5 - 2.5
|
XADREZ OURENSE B
|
LAROCA-NIGRAN B
|
2,5 - 1.5
|
CLUB XADREZ MOS A
|
XADREZ ALBATROS A
|
2 - 2
|
LAROCA-NIGRAN C
|
IES AUGA DA LAXE
|
3.5 – 0.5
|
EXP-CSCR BEADE
|
CLUB XADREZ MOS E
|
0 - 4
|
MALLON LAROCA
|
12 mar. 2017
Liga Galega 6ª xornada

Despois dunha tarde tensa para os nosos equipos finalizou a 6ª xornada de liga, dunha maneira diferente a que ven sendo habitual. Este sábado 11 de marzo non logramos ningunha vitoria, a persar do cal tres empates e unha derrota singuen deixando aos nosos equipos nunha situación inmellorable para afrontar a segunda metade da liga.
Ao IES Auga dá Laxe de terceira división tocoulle nesta xornada descansar, a todos menos a Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández, que xogaron co Laroca-C en segunda división.
Ao IES Auga dá Laxe de terceira división tocoulle nesta xornada descansar, a todos menos a Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández, que xogaron co Laroca-C en segunda división.
Estes foron os resultados fináis dos nosos equipos:
| VILLA DE BOUZAS | 2.0 - 2.0 | LAROCA-NIGRAN A |
LAROCA-NIGRAN B |
1.0 - 3.0 |
XADREZ ALBATROS A |
CLUB XADREZ MOS B |
2.0 - 2.0 |
LAROCA-NIGRAN C |
MALLON - LAROCA |
2.0 - 2.0 |
CLUB XADREZ MOS D |
4 mar. 2017
5ª xornada de liga. Seguimos na loita
Unha nova xornada de liga celebrouse este sábado 4 de marzo. A 5ª xornada
celebrouse con diferentes resultados para os nosos equipos que seguen mantendo
todas as súas opcións en cada unha das categorías. 3 vitorias, e 2 derrotas foi o resultado final dos nosos representantes nesta liga.
28 feb. 2017
Rematou Viveiro 2017
Rematado o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18 nos que un ano máis xadrecistas do noso club dérono todo e conseguiron poñer ao Xadrez Laroca onde ten que estar.
Este ano os nosos cinco magníficos atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltamos de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub18 e sub14.
26 feb. 2017
Campionato Galego de xadrez sub-10, sub-14 e sub-18 2017
![]() |
| Viveiro 25 a 28 de febreiro de 2017 |
En terras de Viveiro estase a celebrar este fin de semana o Campionato
Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18.
Desde o día 25 ao 28 de febreiro terán lugar un total de oito partidas a un
ritmo de xogo de 60 minutos + 30 segundos para a categoría Sub-10 e 90 minutos
+ 30 segundos para as outras dúas categorías.
19 feb. 2017
4ª xornada de liga 2017
Este sábado 18 de febreiro o Club Xadrez Laroca afrontamos a cuarta xornada
da liga Galega de Xadrez e nesta xornada seguimos mantendo as espadas no alto.
Nesta ocasión conseguimos 4 vitoria e 1 derrotas, o que fixo desta unha xornada
excepcional.
12 feb. 2017
3ª xornada da Liga Galega de Xadrez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














