Un ano máis o Torneo de Nadal Sub-2200 que organiza o Club Xadréz Mos contou con participación do noso club. Cinco laroqueiras e laroqueiros desprazámonos este fin de semana a Mos para disputar este que xa é o IV Torneo. Mireya Represa Pérez, Artai Bringas Gómez, Jorge Carneiro Penedo, Ana Fernández Carneiro e Ricardo Fernández López fomos os que gozamos destas dúas xornadas de xadrez.
Os días 13 e 14 de xaneiro nas instalacións do Club Xadrez Mos, disputáronse un total de 6 roldas a un ritmo de xogo de 60+30.
16 ene. 2018
3 ene. 2018
VI Torneo Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilde
Celebrouse nos salóns do Circulo Mercantil de Pontevedra, para pechar o ano xadrecístico, unha edición máis deste emotivo torneo, onde se envorca todo o agarimo dos organizadores da Escola Xadrez Pontevedra.
Publicado por
Laroca
en
22:03
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Enlaces a esta entrada
Etiquetas:
Torneos
7 dic. 2017
XXIII Torneio de Xadrez Laroca
O vindeiro domingo 17 de decembro organizamos no noso club o XXIII Torneo de Xadrez Laroca, valedoiro para ELO FIDE de rápidas.
Ao mesmo tempo celebraremos un torneo para as nosas promesas, no que participarán os nenos e nenas federados no noso club en dúas categorías, unha de iniciación (para sub-10) e outra de promesas (para sub-16).
5 nov. 2017
V Torneo Social por equipos ONCE Vigo
![]() |
| Patricio Salgado co trofeo por o 3º posto |

Na primeira xornada, o 28 de outubro pola mañá, presentámonos cun equipo formado pola mocidade do noso club (Artai Bringas, Ana Fernández, Mauro Sanroman e Laura González) para enfrontarnos ao potente XADREZ VILA DE BOUZAS. Para eles foi unha bonita experiencia pero a diferenza de ELO dos rivais fixo que o mach terminase nun 4-0 a favor do Bouzas.
Na xornada de tarde ese mesmo día as cousas cambiaron e o noso equipo formado por dúas persoas do Laroca-C (Guillermo Penas e Jorge Carneiro) e as dúas novas incorporacións deste ano ao club (Carlos Groba e Antonio Díaz) conseguiron un meritorio 3-1 contra o equipo da ONCE, coas táboas de Guillermo e Jorge e as vitorias de Carlos e Antonio.
Ao día seguinte, o domingo pola mañá, tocounos enfrontarnos ao potente MOSEFESA & THE WASILERS, contra os que o noso equipo (Sergio López, Artai Bringas, Agustín Álvarez e Jorge Carneiro) conseguiu un resultado final de 3,5 - 0,5. So as taboas de Jorge evitaron o pleno.


O torneo continuou o sábado día 4 de novembro con partidas de mañá e tarde. Pola mañá enfrontámonos ao U. VIGO-EXP contra os que os nosos campións (Sergio López, Artai Bringas, Jose Manuel Bens e Avelino Igrexas) tentárono pero só lograron 1/2 punto coas tables de Liño.
Na xornada de tarde a cousa cambiou e na última partida contra EXP RAMÓN ESCUDEIRO TILDE os Laroqueiros (Constantino González, Artai Bringas, Patricio Salgado e Francisco Vázquez) conseguiron os últimos puntos cun resultado de 3 - 1 que nos situóu no terceiro posto con 10 puntos.
![]() |
![]() |
| Clasificación final |
Publicado por
Laroca
en
23:04
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir con TwitterCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Enlaces a esta entrada
Etiquetas:
Torneos
XI OPEN McDONALDS VILAGARCIA 2017
Con este torneo, como cada ano, remata o Circuíto Galego de Promoción 2017. Este ano a presenza Laroqueira foi inferior á de anos anteriores. A coincidencia deste torneo co V Torneo Social por equipos da ONCE de Vigo, no que tamén participou o noso club, fixo que só fósemos catro persoas as que nos desprazásemos a Vilagarcía


Na categoría sub-12 Diego Martín Abalde, tras algún tempo sen competir non podía deixar de participar neste último torneo do Circuíto e por suposto alí estivo. Nesta ocasión tocoulle lidar cos máis fortes e logrou finalmente 2 puntos de 7 posibles, rematando no posto 26 da clasificación final. O ano próximo seguirá nesta mesma categoría e seguro que conseguirá mellorar os seus rendemento.

Na categoría sub-14 Ana Fernández Carneiro enfrontábase ao seu último torneo nesta categoría, o tempo pasa, fánsenos maiores e o próximo ano terá que participar na categoría superior. Partindo no ránking inicial no posto 5 rematou no setimo lugar con 4,5 puntos.
Na última partida xogábase a posibilidade de lograr ser terceira na clasificación si conseguía a victoria pero so poido lograr unhas taboas, o que fixo que se dera un quintople empate a 4,5 puntos e que o desempate a relegara a esa sétima posición.

En categoría absoluta, dóus foron os Laroqueiros participantes, Jorge Carneiro Penedo que partía no ránking inicial no posto 37 e Jose Manuel Fernández Rodríguez que partindo desde o posto 66 tentou mellorar o seu resultado neste tipo de torneos.
A clasificación final dos nosos deportistas foi:
No posto 26 de Sub- 12 Diego Martín con 2 puntos. Dúas vitorias
No posto 7 de Sub- 14 Ana Fernández con 4,5 puntos. Catro vitorias e unha táboas
No posto 50 de Absoluto Jorge Carneiro con 3 puntos. Dúas vitorias e dúas táboas.
No posto 65 de Absoluto Jose Manuel Fernández con 2 puntos. Dúas vitorias.
Felicitar aos organizadores do Club Xadrez Fontecarmoa pola impecable organización unha vez máis do evento e pola súa aposta firme pola promoción do xadrez en Galicia.
15 sept. 2017
Rematou o Europeo xuvenil
Mireya Represa Pérez, tras 9 partidas con cinco vitorias e dúas táboas rematou no posto 15 na categoría sub-16 feminina no "European Youth Chess Campionship 2017" que se celebrou en Romanía, converténdose na mellor das 5 participantes españolas que xogaron nesta categoría.
Queremos destacar a partida da rolda 7 na que Mireya, xogando con negras, na xogada 43 se atopada nunha situación clara de desvantaxe e tras coroar as branca un peón por dama na xogada 78, que a poñía nunha situación de moita máis desvantaxe, foi capaz de levar ao seu rival a unha posición de xaque mate final cunha gran vitoria (Enlace a la partida en chess24).
No Club Xadrez Larona sentímonos orgullosos da nosa compañeira e queremos felicitala pola súa forza e constancia neste tan complicado deporte, o que a está levando a estar cada día máis presente na elite do xadrez. O nome de Baiona, Nigran e o Val Miñor estivo presente en Romanía e todo grazas a esta moza de 16 anos que se atreve a enfrontarse ao mellorciño do xadrez europeo.
¡¡ Es moi grande Mireya, descubrímonos ante o teu inmenso talento !!
Tamén temos que felicitar ao resto de participantes da selección española e sobretodo aos nosos paisanos galegos. Esperamos que gozasen da experiencia e sigan mellorando o seu xogo. Temos unha boa canteira que seguro que nos dará moitas alegrías neste deporte a nivel mundial.
![]() |
| Jugadores de la delegación. Española celebrando el bronce de Marta García Foto Javier Ochoa |
10 sept. 2017
Mireya en Romanía
![]() |
| Foto FEDA |
Do día 5 ao 14 de setembro celébrase en Mamaia, Romanía o Campionato de Europa Xuvenil de xadrez 2017, que inclúe desde a categoría sub-8 a sub-18.
Entre os 38 participantes da delegación española, atópase a nosa compañeira Mireya Represa Pérez que participa na categoría sub16 feminina, coa intención de seguir incrementando a xa gran cantidade de títulos e trofeos cos que conta. (Enlace o facebook da FEDA). Ademais de Mireya sete máis son os galegos e galegas que forman parte deste grupo. Benjamín Diéguez Novoa e a súa irmá Pura Diéguez Novoa e Paula Suárez Gómez en sub-10, Rubén Fernández López e Pablo López Varela en sub-12, Martín Gómez Carreño en sub-14 e Héctor Laiz Ibáñez en sub-16.
4 sept. 2017
![]() |
| II TORNEO CONCELLO DE MOS 2017 |
Este sábado 2 de setembro de 2017 celebrouse o II TORNEO CONCELLO DE MOS no que o Club Xadrez Laroca estivemos representados en catro das cinco categorías:
Absoluta: Mireya Represa, Artai Bringas, Francisco Rego, Jose Manuel Ben, Jorge Carneiro e Jose Manuel Fernández.
Sub-14: Ana Fernández, Ricardo Fernández e Rafael Marquez
Sub 12: Diego Martín e Marcos Rego.
Sub 10: David Represa.
Unha vez máis o Club Xadrez Laroca soou no micrófono do speaker á hora da entrega de trofeos. Na categoría absoluta os nosos campións Artai Bringas Gómez, como sub campión da categoría e Mireya Represa Pérez como quinta clasificada, recibiron os seus respectivos trofeos.
28 ago. 2017
Torneos Barcelona e Rianxo, o resultado Laroqueiro
Finalizado o XIX Open Internacional d'escacs de Sants que se celebrou entre o 18 e 27 de agosto e no que como xa comentamos na entrada anterior participaba Artai Bringas Gómez, o balance para o noso compañeiro é positivo.
Este torneo estaba dividido en tres, o Grupo A (cun elo medio de 2128) o Grupo B (elo medio 1725) e o Grupo C (1371 de elo medio). Para Artai o reto era participar ao máximo nivel e así o fixo, apuntouse ao grupo A con un ELO medio moi superior ao seu. Dende logo temos que recoñecer que mais que un "loco" é un "valente" que non se encolle ante as dificultades.
21 ago. 2017
11 ago. 2017
XVII Torneo Festa do monte
![]() |
| Lua, Breixo, Ana, Fran, Hugo, Diego, Marcos, Jorge, Jose Rafa y Sergio (no están en la foto) LAROQUEIRO EN A GARDA |
Unha nutrida representación do Club Xadrez Laroca estivemos hoxe na Garda no Torneo Festa do Monte 2017. 11 laroqueiros desprazámonos a esta bonita localidade do sur de Galicia para participar neste torneo ao aire libre que é xa o XVII que organiza o Club Xadrez Albatros.
E, como non podía ser doutra forma levámonos algúns premios.
O primeiro posto na categoría absoluta foi para Breixo Alvarez Domínguez cun pleno de 6 vitorias.
Na categoría de Sub-14 Ana Fernández Carneiro logrou o primeiro posto cun total de 4 puntos e Hugo Rego Calvo o segundo con 3 puntos.
8º.- Sergio López Pérez con 4´5 puntos.
13º.- Jorge Carneiro Penedo con 4 puntos.
17º.- Francisco Rego Lorenzao con 4 puntos.
24º.- Ana Fernández Carneiro con 4 puntos.
27º.- Lua Alvarez Domínguez con 3´5 puntos.
37º.- Hugo Rego Calvo con 3 puntos.
46º.- Marcos Rego Calvo con 3 puntos.
67º.- Jose Manuel Fernández Rodríguez con 2 puntos.
72º.- Diego Martín Abalde con 1´5 puntos
Un ano máis, e xa son uns cuantos os que levamos participando neste bonito torneo, pasámolo moi ben e queremos agradecer aos compañeiros do Club Xadréz Albatros que nos volvan a dar a oportunidade de xogar ao xadrez nesta contorna tan entrañable. Seguro que volverán organizalo o ano que vén e volveremos estar alí os Laroqueiros e Laroqueiras.
Doutra banda lembramos que se está celebrando o V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, no que seguen os nosos compañeiros Artai e Mauro. Tras catro partidas xogadas Artai acadou dúas vitorias e Mauro unha.
8 ago. 2017
V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Despois da gran actuación da nosa querida Mireya nos campionatos de España sub-16 e sub-18, queremos destacar o inicio do V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra que se celebrará do 8 ao 14 de agosto e no que teremos participantes Laroqueiro que están destinados a dar grandes alegrías a este modesto club de xadrez.
Os valentes Artai Bringas Gomez e Mauro Sanromán Costas son dóus dos 170 participantes neste torneo, no que terán a oportunidade de enfrontarse a grandes mestres como Vladimir Burmakin, Daniil Yuffa e Aleksa Strikovic, todos eles por encima de 2500 de ELO FIDE. Un torneo no que o ELO medio é 1753, o que lles dará a oportunidade de enfrontarse a rivais da súa mesmo nivel e a outros de nivel moi superior, co que supón iso de experiencia e reto persoal. Un importante reto para estes dous valentes Laroqueiros que seguro que salvarán con éxito.
Os valentes Artai Bringas Gomez e Mauro Sanromán Costas son dóus dos 170 participantes neste torneo, no que terán a oportunidade de enfrontarse a grandes mestres como Vladimir Burmakin, Daniil Yuffa e Aleksa Strikovic, todos eles por encima de 2500 de ELO FIDE. Un torneo no que o ELO medio é 1753, o que lles dará a oportunidade de enfrontarse a rivais da súa mesmo nivel e a outros de nivel moi superior, co que supón iso de experiencia e reto persoal. Un importante reto para estes dous valentes Laroqueiros que seguro que salvarán con éxito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















