Buscar en este blog ...

28 ene. 2018

Primeira xornada da Liga Galega de Xadrez 2018


Onte, 27 de xaneiro deu comezo a liga galega de xadrez 2018 na que participan cinco equipos do club xadrez Laroca. Unha tempada máis imos procurar os mellores resultados posible con moitas gañas de mellorar os bos resultados do ano pasado.

24 ene. 2018

Torneo Provincial de Pontevedra 2018


Podium final con Mireya como mellor femenina
O pasado fin de semana, 20 e 21 de xaneiro, tivo lugar en Vilagarcía o Torneo Provincial de Xadrez de Pontevedra 2018 donde tamén houbo unha nutrida representación do noso clube nas diferentes categorías.

Sub-10: (1 participante)  David González Iglesias
Sub-12: (3 participantes) Marcos Rego Calvo, Diego Martín Abalde, Marcos González Iglesias
Sub-14: (1 participante) Mauro Sanroman Costas 
Sub-16: (3 participantes) Artai Bringas Gómez, Ana Fernández Carneiro, Laura González Ferreira
Absoluto: (7 participantes): Mireya Represa Pérez, Francisco Rego Lorenzo, Constantino González Levices, Patricio Salgado Alonso, Jorge Carneiro Penedo, Carlos Groba Presa, Juan Represa Garazo). 

Unha nutrida representación que se presentou no torneo con ilusión e gañas de conseguir o mellor resultado posible.

16 ene. 2018

IV Torneo de Nadal Xadréz Mos Sub-2200


Un ano máis o Torneo de Nadal Sub-2200 que organiza o Club Xadréz Mos contou con participación do noso club. Cinco laroqueiras e laroqueiros desprazámonos este fin de semana a Mos para disputar este que xa é o IV Torneo. Mireya Represa Pérez, Artai Bringas Gómez, Jorge Carneiro Penedo, Ana Fernández Carneiro e Ricardo Fernández López fomos os que gozamos destas dúas xornadas de xadrez. Os días 13 e 14 de xaneiro nas instalacións do Club Xadrez Mos, disputáronse un total de 6 roldas a un ritmo de xogo de 60+30.

3 ene. 2018

VI Torneo Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilde



Celebrouse nos salóns do Circulo Mercantil de Pontevedra, para pechar o ano xadrecístico, unha edición máis deste emotivo torneo, onde se envorca todo o agarimo dos organizadores da Escola Xadrez Pontevedra.

7 dic. 2017

XXIII Torneio de Xadrez Laroca


O vindeiro domingo 17 de decembro organizamos no noso club o XXIII Torneo de Xadrez Laroca, valedoiro para ELO FIDE de rápidas.
Ao mesmo tempo celebraremos un torneo para as nosas promesas, no que participarán os nenos e nenas federados no noso club en dúas categorías, unha de iniciación (para sub-10) e outra de promesas (para sub-16).
 
As bases e a folla de inscrición están a vosa disposición na nosa páxina web no seguinte enlace







5 nov. 2017

V Torneo Social por equipos ONCE Vigo

Patricio Salgado co trofeo por o 3º posto
Un ano máis a ONCE organizou este interesante torneo no que seis equipos do sur da provincia de Pontevedra enfrontámonos nun formato de pequena liguiña a un total de 5 roldas e un ritmo de xogo de 90+30.


Na primeira xornada, o 28 de outubro pola mañá, presentámonos  cun equipo formado pola mocidade do noso club (Artai Bringas, Ana Fernández, Mauro Sanroman e Laura González) para enfrontarnos ao potente XADREZ VILA DE BOUZAS. Para eles foi unha bonita experiencia pero a diferenza de ELO dos rivais fixo que o mach terminase nun 4-0 a favor do Bouzas.

Na xornada de tarde ese mesmo día as cousas cambiaron e o noso equipo formado por dúas persoas do Laroca-C (Guillermo Penas e Jorge Carneiro) e as dúas novas incorporacións deste ano ao club (Carlos Groba e Antonio Díaz) conseguiron un meritorio 3-1 contra o equipo da ONCE, coas táboas de Guillermo e Jorge e as vitorias de Carlos e Antonio.

Ao día seguinte, o domingo pola mañá, tocounos enfrontarnos ao potente MOSEFESA & THE WASILERS, contra os que o noso equipo (Sergio López, Artai Bringas, Agustín Álvarez e Jorge Carneiro) conseguiu un resultado final de 3,5 - 0,5. So as taboas de Jorge evitaron o pleno.



O torneo continuou o sábado día 4 de novembro con partidas de mañá e tarde. Pola mañá enfrontámonos ao U. VIGO-EXP contra os que os nosos campións (Sergio López, Artai Bringas, Jose Manuel Bens e Avelino Igrexas) tentárono pero só lograron 1/2 punto coas tables de Liño.
Na xornada de tarde a cousa cambiou e na última partida contra EXP RAMÓN ESCUDEIRO TILDE os Laroqueiros (Constantino González, Artai Bringas, Patricio Salgado e Francisco Vázquez) conseguiron os últimos puntos cun resultado de 3 - 1 que nos situóu no terceiro posto con 10 puntos.


Clasificación final













XI OPEN McDONALDS VILAGARCIA 2017


Con este torneo, como cada ano, remata o Circuíto Galego de Promoción 2017. Este ano a presenza Laroqueira foi inferior á de anos anteriores. A coincidencia deste torneo co V Torneo Social por equipos da ONCE de Vigo, no que tamén participou o noso club, fixo que só fósemos catro persoas as que nos desprazásemos a Vilagarcía


Na categoría sub-12 Diego Martín Abalde, tras algún tempo sen competir non podía deixar de participar neste último torneo do Circuíto e por suposto alí estivo. Nesta ocasión tocoulle lidar cos máis fortes e logrou finalmente 2 puntos de 7 posibles, rematando no posto 26 da clasificación final. O ano próximo seguirá nesta mesma categoría e seguro que conseguirá mellorar os seus rendemento.


Na categoría sub-14 Ana Fernández Carneiro enfrontábase ao seu último torneo nesta categoría, o tempo pasa, fánsenos maiores e o próximo ano terá que participar na categoría superior. Partindo no ránking inicial no posto 5 rematou no setimo lugar con 4,5 puntos.
Na última partida xogábase a posibilidade de lograr ser terceira na clasificación si conseguía a victoria pero so poido lograr unhas taboas, o que fixo que se dera un quintople  empate a 4,5 puntos e que o desempate a relegara a esa sétima posición.



En categoría absoluta, dóus foron os Laroqueiros participantes, Jorge Carneiro Penedo que partía no ránking inicial no posto 37 e Jose Manuel Fernández Rodríguez que partindo desde o posto 66 tentou mellorar o seu resultado neste tipo de torneos.




A clasificación final dos nosos deportistas foi:
No posto 26 de Sub- 12 Diego Martín con 2 puntos. Dúas vitorias
No posto 7 de Sub- 14 Ana Fernández con 4,5 puntos. Catro vitorias e unha táboas
No posto 50 de Absoluto Jorge Carneiro con 3 puntos. Dúas vitorias e dúas táboas.
No posto 65 de Absoluto Jose Manuel Fernández con 2 puntos. Dúas vitorias.

Felicitar aos organizadores do Club Xadrez Fontecarmoa pola impecable organización unha vez máis do evento e pola súa aposta firme pola promoción do xadrez en Galicia.




15 sept. 2017

Rematou o Europeo xuvenil


Mireya Represa Pérez, tras 9 partidas con cinco vitorias e dúas táboas rematou no posto 15 na categoría sub-16 feminina no "European Youth Chess Campionship 2017" que se celebrou en Romanía, converténdose na mellor das 5 participantes españolas que xogaron nesta categoría.

Queremos destacar a partida da rolda 7 na que Mireya, xogando con negras, na xogada 43 se atopada nunha situación clara de desvantaxe e tras coroar as branca un peón por dama na xogada 78, que a poñía nunha situación de moita máis desvantaxe, foi capaz de levar ao seu rival a unha posición de xaque mate final cunha gran vitoria (Enlace a la partida en chess24).

No Club Xadrez Larona sentímonos orgullosos da nosa compañeira e queremos felicitala pola súa forza e constancia neste tan complicado deporte, o que a está levando a estar cada día máis presente na elite do xadrez. O nome de Baiona, Nigran e o Val Miñor estivo presente en Romanía e  todo grazas a esta moza de 16 anos que se atreve a enfrontarse ao mellorciño do xadrez europeo. 

 ¡¡ Es moi grande Mireya, descubrímonos ante o teu inmenso talento !!

Tamén temos que felicitar ao resto de participantes da selección española e sobretodo aos nosos paisanos galegos. Esperamos que gozasen da experiencia e sigan mellorando o seu xogo. Temos unha boa canteira que seguro que nos dará moitas alegrías neste deporte a nivel mundial.

Jugadores de la delegación. Española celebrando el bronce de Marta García Foto





10 sept. 2017

Mireya en Romanía


Foto FEDA
Do día 5 ao 14 de setembro celébrase en Mamaia, Romanía o Campionato de Europa Xuvenil de xadrez 2017, que inclúe desde a categoría sub-8 a sub-18.

Entre os 38 participantes da delegación española, atópase a nosa compañeira Mireya Represa Pérez que participa na categoría sub16 feminina, coa intención de seguir incrementando a xa gran cantidade de títulos e trofeos cos que conta. (Enlace o facebook da FEDA). Ademais de Mireya sete máis son os galegos e galegas que forman parte deste grupo. Benjamín Diéguez Novoa e a súa irmá Pura Diéguez Novoa  e Paula Suárez Gómez en sub-10, Rubén Fernández López e Pablo López Varela en sub-12, Martín Gómez Carreño en sub-14 e Héctor Laiz Ibáñez en sub-16.

4 sept. 2017

II TORNEO CONCELLO DE MOS 2017

Este sábado 2 de setembro de 2017 celebrouse o II TORNEO CONCELLO DE MOS no que o Club Xadrez Laroca estivemos representados en catro das cinco categorías:
Absoluta: Mireya Represa, Artai Bringas, Francisco Rego, Jose Manuel Ben, Jorge Carneiro e Jose Manuel Fernández.
Sub-14: Ana Fernández, Ricardo Fernández e Rafael Marquez 
Sub 12: Diego Martín e Marcos Rego.
Sub 10: David Represa.

Unha vez máis o Club Xadrez Laroca soou no micrófono do speaker á hora da entrega de trofeos. Na categoría absoluta os nosos campións Artai Bringas Gómez, como sub campión da categoría e Mireya Represa Pérez como quinta clasificada, recibiron os seus respectivos trofeos.

28 ago. 2017

Torneos Barcelona e Rianxo, o resultado Laroqueiro


Finalizado o XIX Open Internacional d'escacs de Sants que se celebrou entre o 18 e 27 de agosto  e no que como xa comentamos na entrada anterior participaba Artai Bringas Gómez, o balance para o noso compañeiro é positivo.

Este torneo estaba dividido en tres, o Grupo A (cun elo medio de 2128) o Grupo B (elo medio 1725) e o Grupo C (1371 de elo medio). Para Artai o reto era participar ao máximo nivel e así o fixo, apuntouse ao grupo A con un ELO medio moi superior ao seu. Dende logo temos que recoñecer que mais que un "loco" é un "valente" que non se encolle ante as dificultades.

21 ago. 2017

Torneos de verán, Laroca polo mundo


Continúan os torneos de verán e o Club Xadréz Laroca segue estando presente en moitos deles.