No Club Xadrez Laroca non todo é liga, torneos e campionatos; non todos somos maiores nostálxicos de este deporte nin novas promesas que xa lograron grandes retos e siguen a loitar por superarse inda máis día a día.
No Club Xadrez Laroca tamén contamos con moitos rapaces e rapazas os que lles gusta esto do xadrez e que se acercaron a este modesto Club para aprender e disfrutar con cabalos, bispos, torres e demáis persoaxes que se colocan no taboleiro. Así comezaron no seu día os Breixo, Lua, Mireya, Artai, Ana, Mauro, ..... e hoxe xa son moi coñecidos neste mundo e seguen a aplicar o que aprenderon sobre a obriga de disfrutar con este deporte.
Para ensinar a estas novos xadrecistas temos cedidos os sábados o salón de actos do Colexio de Mallon de Nigran e un espezo no Instituto Auga da Laxe de Gondomar. Aquí un grupo de 25 posibles futuros grandes xadrecistas aprenden e disfrutan os sábados por a maña durante hora e media.
Pero o sábado día 23 de febreiro decidimos xuntalos a todos no Colexio de Mallon e organizarlles un pequeno torneo para que poidan ter a oportunidade de competir e que o mesmo tempo lle sirva os mais experimentados para prepararse para o próximo torneo da Liga de Cuarta. Todos e todas gañaron porque nos consta que o pasaron moi ben, pero como en toda competición, uns gañaron máis que outros. Aquí queda para a posteridade a clasificación dos cinco primeiros de cada unha das categorías:
Anos 2005-2006 Diego Pazos, Brais Fernández, Diego Martín, Sara González, Marcos Rego
Anos 2007-2008 Erik Roade, Juan Rodríguez, Simon Carballal, Hugo Varela
Anos 2009-2010 Leo Castro, Yago Vives, Yoel González, Hector Machado, Lucas Pereira
Anos 2011-2012 Gael Varela, Aleix Lorenzo, Xoan González, Carolina Pereira, Fermín Chamorro