Mostrando entradas con la etiqueta Campeonato Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campeonato Galego. Mostrar todas las entradas

11 feb 2018

Campionato Galego Sub 18 2018


En Ferrol do 10 o 13 de febreiro dispútase o Campionato Galego Sub 18 2018, a un ritmo de xogo de 90 minutos máis 30 segundos, con un total de oito roldas. Unha laroqueira Mireya Represa Pérez ( 2057 ELO) e un laroqueiro, Artai Bringas Gómez (1850 ELO) atópanse entre os 22 participantes, con a intención de rematar nos primeiros postos da clasificación final.

28 feb 2017

Rematou Viveiro 2017


Rematado o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18 nos que un ano máis xadrecistas do noso club dérono todo e conseguiron poñer ao Xadrez Laroca onde ten que estar.

Este ano os nosos cinco magníficos atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltamos de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub18 e sub14.

26 feb 2017

Campionato Galego de xadrez sub-10, sub-14 e sub-18 2017

Viveiro 25 a 28 de febreiro de 2017

En terras de Viveiro estase a celebrar este fin de semana o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18.


Desde o día 25 ao 28 de febreiro terán lugar un total de oito partidas a un ritmo de xogo de 60 minutos + 30 segundos para a categoría Sub-10 e 90 minutos + 30 segundos para as outras dúas categorías.