Seguimos no Circuito Galego de Promoción, e esta vez, no IES Val do Tea de Ponteareas, recibíronnos as persoas que forman parte do Club Xadrez Ramiro Sabell, encargadas, neste día das Letras Galegas, de organizar este interesante torneo.
Mentras os galegas e as galegas, homenaxeamos a Antón Fraguas neste día festivo adicado as Letras Galegas, 222 persoas de toda Galicia disfrutamos de este dia xogando o xadrez neste torneo.
Os laroqueiros e laroqueiras, tamén nos desplazamos o Val do rio Tea e participamos nas categoría sub-14 con dous participantes (Diego Martín e Manuel Costas) e absoluto con oito participantes (Mireya Represa, Constantino González, Patricio Salgado, Mauro Sanromán, Jorge Carneiro, Ana Fernández, Laura González e Jose Manuel Fernández).


