Mostrando entradas con la etiqueta Gala do deporte Gondomar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gala do deporte Gondomar. Mostrar todas las entradas

7 abr 2018

III GALA DO DEPORTE GONDOMAR


Un ano máis o xadrez estivo presente na Gala do deporte de Gondomar que se celebrou no auditorio Lois Tobío o sábado 7 de abril. Un ano máis dous deportistas do Club Xadrez Laroca foron premiados nesta gala.

En categoría feminina volve a repetir por tercer ano consecutivo Ana Fernández Carneiro, unha rapaza inquieta que atopou neste deporte a maneira de estar unhas horiñas sentada e sen actividade física pero con a gran actividade cerebral que precisa enfrontarse a multitude de posibilidades que ten cada un dos movementos no taboleiro. Está totalmente enganchada a este deporte e ano a ano consigue superarse, enfrontándose a todolos retos que se lle presentan. No ano 2017 proclamouse subcampeona de Galicia na categoría sub-14 o que a levou a formar parte da selección galega que participou no campionato de España por equipos.





En categoría masculina Artai Bringas Gómez, o terror dos taboleiros, recibíu por segundo ano consecutivo a medalla conmemorativa que o acredita como mellor axedrecista do concello de Gondomar. Xa son uns poucos os trofeos e medallas que atesoura na sua casa e o xadrez é unha parte moi importante na sua vida. Cos seus 14 anos xa ten a valentía de participar en importantes torneos donde se ten enfrontado e porlle as cousas complicadas a grandes maestros. Actualmente é o primeiro taboleiro no equipo Laroca C que participa na segunda división da liga galega de xadrez donde segue invicto despois de sete xornadas.


Dende o Club Xadrez Laroca saudamos que nesta gala se teña en conta a este gran deporte e animamos os mozos e mozas do concello de Gondomar a disfrutar dun deporte cheo de beneficios, que produce unha chea de satisfaccións ós que o practicamos e ademáis ten a ventaxe de ser "bueno, bonito y barato".

3 abr 2017

Artai e Ana, dous valores de futuro na II Gala do Deporte de Gondomar


Na II Gala do Deporte do Concello de Gondomar, resultaron premiados dous deportistas do noso Club Xadrez Laroca. Esta vez foron Ana Fernández Carneiro en feminino, que repite por segundo ano, e Artai Bringas Gómez en masculino.