Mostrando entradas con la etiqueta II Torneo Dani da Rocha Prol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta II Torneo Dani da Rocha Prol. Mostrar todas las entradas

6 jun 2013

II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol - Trofeos

Se tí estabas con nós pica no enlace ...
Sigen chegando regalos para o sorteo (Coches teledirixidos, balóns de futbol, ...). 
E tamen siguen chegando rapaces de toda Galicia e Portugal. 

¡¡¡ CUIDADO COA BANDEIRA QUE ESTE ANO NON HAI INCREMENTO!!!


Rafa e Inés (os papas de Dani) nos acaban de dar esta SUPER bicicleta para sortear ao rematar o Torneo.
¡¡¡Ti  podes ser o afortunado!!! 


Tamén imos sortear esta fabulosa PSP-E1000
 que ademais trae a ultima versión do xogo FIFA 13

¡¡Anótate xa para xogar o torneo e sigue atento ao blog pois haberá mais sorpresas!!


Trinta barcos como este buscan capitán.  Son os trofeos para os cinco primeiros clasificados e o primeiro xogador do Val Miñor en cada categoría. Son pezas únicas de artesanía galega.


Se non es dos afortunados, non te preocupes. A organización do II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol quere recoñecer o teu esforzo e tesón con este fermoso trofeo. Desde o Club de Xadrez Laroca témolo moi claro: ¡¡O importante é participar!!


¡¡Anotate xa!! Non agardes a última hora..

PÁXINA DO TORNEO

BASES




16 may 2013

II Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

Desde o Club de Xadrez Laroca volvemos a invitar a tódalas rapazas e rapaces (este ano menores de 20 anos) a participar no II Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol. De novo queremos facer presente a memoria do noso amigo Dani, e ao mesmo tempo ofrecerlle unha xornada de xadrez de competición o máis agradable posible a tódol@s que queirades participar.

O torneo vaise celebrar o sábado 15 de xuño no pavillón de deportes de Panxón e agardamos a participación de xadrecistas de toda Galicia e Portugal. Este ano subimos o limite de participantes a 200 para que ninguén se quede fora. Permanecede atentos a este blog onde iremos pondo toda a información.


Consulta as BASES