Xa están en marcha os preparativos para o *XIII Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol*.
Dani Da Rocha Prol formaba parte da canteira do Club de Xadrez Laroca cando unha cardiopatía o levou onde as estrelas. Desde entón o Club coa axuda da súa familia, amigos e empresas colaboradoras intentamos, cada ano, facer o mellor torneo de xadrez posible, para que tódol@s participantes desfruten dunha das maiores festas xadrecísticas da Galiza!
O *30 de maio*, no pavillón de Panxón, tódol@s xadrecistas nados no 2006 e anos posteriores poderán desfrutar dunha xornada xadrecística enmarcada dentro do Circuito de Promoción á que acudirán máis de 200 rapazas e rapaces.


No hay comentarios:
Publicar un comentario