Rematabamos o anterior post con o mesmo que imos comezar este.
Desexamoslle moita sorte os nosos participantes nos campionatos calegos que se celebran en Padron o fin de semana.
Artai Bringas Gomez,
Ana Fernandez Carneiro,
Laura González Ferreira,
Sara González Ferreira.
¡¡¡¡¡Ánimo e a por todas!!!!!
A duas roldas por día e con un total de 8 roldas, no hotel Scala de Padrón, a so tres kilómetros da Casa Museo de Rosalía de Castro e por tanto inmersos nas terras e lugares que inspiraron á xenial poetisa, comezaba o sábado 22 de febreiro de 2020 as 10'00 horas con a primeira rolda.
En principio este campionato estaba configurado para duas categorías, unha xeral e outra feminina, pero debido a que o número de mulleres participantes non foi suficiente, integraronse as féminas participantes na categoría xeral.

Ademais de poder ver os resultados en Info64 tamén temos oportunidade de seguir algunhas partidas en directo en Chess24 .
Agora a descansar para enfrontarse a segunda xornada o domingo 23 despois de un potente almorzo, duas novas xornadas que esperamos sean mellor que as de este sábado.

Despois de esta xornada e no ecuador da proba así estaba a clasificación dos nosos representantes:
- Artai Bringas Gómez queda no posto 12 con 2'5 puntos.
- Ana Fernández Carneiro no posto 20 con 2 puntos.
- Sara González Ferreira no posto 28 con 1 punto.
- Laura González Ferreira no posto 33 con 1 punto.
A clasificación final para a nosa xente quedou como segue:
- Artai Bringas Gómez queda no posto 6 con 5'5 puntos, sin unha soa derrota pero con a metade das partidas en táboas.
- Ana Fernández Carneiro no posto 27 con 3 puntos, mellorando o seu ELO en 18 puntos.
- Sara González Ferreira no posto 33 con 2'5 punto, con 3 táboas nas partidas de estes dous últimos días e unha mellora de ELO de tamén 18 puntos.
- Laura González Ferreira no posto 35 con 1 punto, pero sin poder xogar ningunha partida nestas duas xornada por enfermidade.