Liga Galega 2017 |
Onte, 29 de abril de 2017, rematou a liga galega de xadrez 2017 e este foi un día grande para os laroqueiros e laroqueiras. Os nosos equipos culminaron unha excelente tempada. Dous importantísimas vitorias en segunda dívisión grupo E, co ascenso e o descenso en xogo, e unha derrota en primeira grupo C, onde non nos xogabamos nada, foron o remate da participación Laroqueira nesta liga.
Resultados da 11ª xornada:
LAROCA-NIGRAN A
|
0,5 - 3,5
|
XADREZ TUI-XADREZ GALEGO A
|
LAROCA-NIGRAN B
|
2,5 - 1,5
|
CLUB XADREZ MOS B
|
EXP ZONA INFORMATICA
|
0,5 - 3,5
|
LAROCA-NIGRAN C
|
Finalizada esta última xornada o resultado de Laroca nesta liga pódese dicir que foi frutífero, polo que estamos moi satisfeitos do traballo realizado polos nosos deportistas.
En primeira, o LAROCA A, tivo unha competición tranquila e sen sobresaltos, manténdose sempre nos postos de cabeza. Tres vitorias e 3 empates na primeira fase da liga déronlle a tranquilidade necesaria para afrontar a segunda fase con garantía. O obxectivo inicial era manter a categoría e logrouse con fartura.
En segunda, o LAROCA C na primeira fase parecía estar abonado ao empate pero na segunda as tornas cambiaron e, sobretodo, as catro vitorias consecutivas na recta final situáronnos no segundo posto a só 0,5 puntos do primeiro e por tanto do ascenso. Unha xenial tempada que excede con fartura os obxectivos iniciais, mantendo ata o último minuto as posibilidades de ascenso a primeira.
Tamén en segunda, o LAROCA B conseguiu alcanzar o obxectivo inicial da permanencia, cunha última xornada de infarto na que se atopaban catro equipos con 1 punto de diferenza co último posto de descenso en xogo. O noso equipo dependía de se mesmo e conseguiu a vitoria que precisaba e por tanto manterse un ano máis en segunda.