Un ano máis, xa van cinco, celebramos o Torneo de Xadrez Sub 2200 Val Miñor valedero para ELO FIDE.
Este ano, ademáis cambiamos de local e trasladamos o torneo o Auditorio Municipal de Nigran, instalación cedidas por o Concello de Nigran, e descubrimos un lugar inmellorable para a práctica do xadrez, moi espacioso e co silencio necesario para lograr a concentración necesaria. Ademáis ó atoparse no centro do pobo fixo máis facil os acompañantes e os propios xogadores disfrutar de outras actividades.
Un total de 68 deportistas percentes a 16 clubes diferentes de toda Galicia e Castela-León fixeron de este o torneo máis numeroso dos cinco disputados hasta o momento. A un ritmo de xogo de 60 minutos máis 30 segundos por movemento e dirixigo por o árbitro Patricio Salgado auxiliado por Natalia Outerelo, disputáronse un total de seis partidas, divididas en tres cada un dos días.
Clubes con participantes:
C. Alzheimer Bierzo (1) C.X. Fontecarmoa (2) Damapark Leon (1) E.X. Pontevedra (5) Vila de Bouzas (2) X. Ramiro Sabell (2) Xadrez Albatros (1) Xadrez Alekhine (2) Xadrez Algalia (3) Xadrez Altamira (2) Xadrez Laroca (12) Xadrez Lucena (10) Xadrez Mos (20) Xadrez Nemenzo (1) Xadrez Ponteareas (3) Xadrez Tui (1)