16 jul 2019

Crónica Xuño 2019, Laroqueiras/os en acción


O xadrez non para e o mes de xuño foi tamén un mes de torneos. Ademáis do Dani Da Rocha, dous foron os torneos do circuito de Promoción que se xogaron neste mes. O día 1 a XI Copa Maristas Ourense e o día 8 o VII Masterchess C.C. Arousa. Fora do Circuito a xente laroqueira participamos no V Torneo Xadrez e Natureza de Ponteareas e o II Torneo Goian.

Tamén tivemos os nosos campións e campionas percorrendo diferentes torneos nos que fixeron un gran papel. Mireya Represa no torneo XI Abiero Inrternacional de Ajedrez Carlos I , en Sanxenxo os días 22 a 30 de xuño e Mauro Sanromán no XI Open Internacional de Ajedrez Ciudad de Tres Cantos B nesta cidade da zona norte de Madrid.


Dos circuitos de Promoción só tivemos participación Laroqueira no Masterchess de Vilagarcía, donde participamos en Sub 14 con Manuel Costas Alvarez e en absoluto Jorge Carneiro Penedo e Mauro Sanromán Costas.

Non tivo un moi bo día Manuel e so logrou unha vitoria e outro punto máis das sete partidas disputadas.

En absoluto tampouco tivemos un día moi aló e Mauro rematou no posto 30 con 3'5 puntos e Jorge no posto 40 con 3 puntos. 



O día seguinte do Dani Da Rocha, Jorge Carneiro e Diego Martín, desplazaronse a Fraga do Rei en Ponteareas para disputar un ano máis do que xa é o V torneo Xadrez e natureza.

Este ano, ademáis do escelente entorno natural de esta area de lecer e o churrasco de mediodía disfrutamos tamén de unhas partidas simultaneas co Gran Maestro Portugues Luis Galego.



Na tarde do domingo 30 de xuño en Goian os amigos do club Albatros de A Guarda organizaban un ano máis o torneo Festas de Goian a 7 roldas con 15 minutos por xogador. Este ano fomos Artai Bingas (1º con 7'5 puntos), Jorge Carneiro (23 con 4 puntos), Ana Fernández (15ª con 4'5 puntos), Jose Manuel Fernández (49º con 3 puntos) , Manuel costas (41º con 3 puntos).

Ademáis do que disfrutamos neste bonito torneo entre amigos, do sombreiro de palla que nos regalaron para topar o sol, descatar o primeiro posto logrado por Artai con 6'5 puntos de 7 posibles, por o que conseguiu levar para casa un fermoso trofeo.




Mireya Represa en este torneo a un ritmo de xogo de 90+30 enfrentouse a un bo número de Mestres como ela partindo do posto 28 no ranking inicial de un total de 105 participantes. Un gran torneo fixo Mireya e de 9 puntos posibles conseguiu 7'5 con tan so unha partida perdida contra o GM David Lariño, que rematou sendo o campión do torneo, e unhas táboas contra o Portuguez Ivan Rodrigues Dias, sexto na clasificación final. Mireya conseguiu rematar segunda, mellorando o seu ELO en un total de 159 puntos e mantendo un Performance de 2400. 

O mesmo tempo, Mauro Sanromán equipado con a bonita camiseta do Dani Da Rocha 2019, disputaba o seu torneo en Tres Cantos donde partindo do puesto 40 de 68 logróu  rematar no segundo posto da clasificación xeral tras 9 partidas disputadas (a un ritmo de xogo de 105+15) das que só perdéu unha e fixo táboas en duas, conseguindo 7 puntos. Tamén Mauro conseguíu un importante incremento no seu nivel de ELO, pasando de 1429 a 1642. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario