No día de hoxe sábado 22 de xuño de 2019 comezou nas terras Pamplonicas o Campionato de España de selecciones autonómicas sub-14 e sub-16, no que Galicia participa nas duas categoría.
Como adoita ser habitual, nesta selección Galega temos a dous participantes do noso querido Club Xadrez Laroca.
Artai Bringas Gómez e Ana Fernández Carneiro desplazaronse a Pamplona, co resto do equipo da categoría sub-16 (Martín Gomez, David Buitron, Paula Quintas e Raquel Xian Carregado), para disputar este interesante campionato.
En Sub 14 a representación Galega está integrada por Rubén Fernández, Pablo López, Xulio Del Prado, Marta Quintas, Paula Suarez e Nerea Cereijo.
O Campionato disputarase dende hoxe e hasta o día 25 e poderemos seguilo en Info64 cos resultados de cada unha das roldas e en Chess24 as partidas en directo.
Na primeira xornada as dez da mañá tiveron que enfrontarse a primera partida, esta vez contra o equipo da Comunidade Valenciana, enfrontamento no que conseguiron unha vitoria por 2'5 a 1'5 con vitorias de Martín e Artai, unhas táboas de Paula mentras que Ana non conseguía derrotar a sua rival, nunha partida na que dende o principio non atopou o camiño.
Pola tarde ós dous Laroqueiros tocoulles descansar e só unhas táboas de Carreño e outras de Buitron salvaron a selección galega de unha derrota absoluta contra a potentísima selección da Región de Murcia, un puntiño que pode ir moi ben ante os posibles desempates.
Rematada a xornada do día 22 en Sub-16 con 2 puntos (3'5 desempate) no posto 8º da clasificación xeral e en Sub 14 con 4 puntos (7 desempate) no primeiro posto da clasificación xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario