Liga Galega 2017 |
Onte, 29 de abril de 2017, rematou a liga galega de xadrez 2017 e este foi un día grande para os laroqueiros e laroqueiras. Os nosos equipos culminaron unha excelente tempada. Dous importantísimas vitorias en segunda dívisión grupo E, co ascenso e o descenso en xogo, e unha derrota en primeira grupo C, onde non nos xogabamos nada, foron o remate da participación Laroqueira nesta liga.
Resultados da 11ª xornada:
LAROCA-NIGRAN A
|
0,5 - 3,5
|
XADREZ TUI-XADREZ GALEGO A
|
LAROCA-NIGRAN B
|
2,5 - 1,5
|
CLUB XADREZ MOS B
|
EXP ZONA INFORMATICA
|
0,5 - 3,5
|
LAROCA-NIGRAN C
|
Finalizada esta última xornada o resultado de Laroca nesta liga pódese dicir que foi frutífero, polo que estamos moi satisfeitos do traballo realizado polos nosos deportistas.
En primeira, o LAROCA A, tivo unha competición tranquila e sen sobresaltos, manténdose sempre nos postos de cabeza. Tres vitorias e 3 empates na primeira fase da liga déronlle a tranquilidade necesaria para afrontar a segunda fase con garantía. O obxectivo inicial era manter a categoría e logrouse con fartura.
En segunda, o LAROCA C na primeira fase parecía estar abonado ao empate pero na segunda as tornas cambiaron e, sobretodo, as catro vitorias consecutivas na recta final situáronnos no segundo posto a só 0,5 puntos do primeiro e por tanto do ascenso. Unha xenial tempada que excede con fartura os obxectivos iniciais, mantendo ata o último minuto as posibilidades de ascenso a primeira.
Tamén en segunda, o LAROCA B conseguiu alcanzar o obxectivo inicial da permanencia, cunha última xornada de infarto na que se atopaban catro equipos con 1 punto de diferenza co último posto de descenso en xogo. O noso equipo dependía de se mesmo e conseguiu a vitoria que precisaba e por tanto manterse un ano máis en segunda.
En primeira división no grupo C o noso representante, o LAROCA-NIGRAN A, terminou no 4º posto con 23 puntos (4 vitorias, 4 derrotas e 3 empates).
E estes foron os protagonistas da xesta de manter a este equipo en Primeira:
MIREYA REPRESA PEREZ (11 partidas con 3 vitorias e 2 táboas, e porcentaxe de efectividade do 36,4%) |
CONSTANTINO GONZALEZ LEVICES (8 partidas con 4 vitorias y 2 táboas, e porcentaxe do 62,5%) |
SERGIO LOPEZ PEREZ (11 partidas, 4 vitorias, 3 táboas e porcentaxe do 50%) |
JOSÉ FRANCISCO REGO LORENZO ( 9 partidas, 6 vitorias e porcentaxe do 66,7%) |
Ademais tamén xogaron, dos equipos de segunda, AVELINO ALEJANDRO IGREXAS FERNANDEZ, do C (1 vitoria), ARTAI BRINGAS GOMEZ, do C, (1 vitoria), PATRICIO SALGADO ALONSO, do B (1 táboas), RAFAEL SIMOES GONZALEZ, do B, FRANCISCO JAVIER VAZQUEZ ALONSO do B.
En Segunda división no grupo E os laroqueiros estamos en dous equipos, o LAROCA-NIGRAN C, terminou no 2º posto con 30,5 puntos (6 vitorias, 4 empates e 1 derrota) e o LAROCA-NIGRAN B, que finalmente conseguiu eludir o descenso e terminou no 7º posto con 19,5 puntos (3 vitorias, 3 empates e 5 derrotas)
As persoas que conseguiron este segundo posto na clasificación xeral para o LAROCA-NIGRAN C son:
As persoas que conseguiron este segundo posto na clasificación xeral para o LAROCA-NIGRAN C son:
IAGO LEIROS BARREIRO (4 partidas con 2 vitorias, 50% de efectividade) |
ARTAI BRINGAS GOMEZ (7 partidas, invicto con 5 vitorias e 2 táboas, 87,7% de efectividade) |
JOSE MANUEL BEN ALVAREZ (9 partidas con 7 vitorias, 77,8% de efectividade) |
AVELINO ALEJANDRO IGLESIAS FERNANDEZ (6 partidas, invicto con 4 vitorias e 2 táboas, 83,3 efectividade) |
GUILLERMO PENAS MORALES (8 partidas con 4 vitorias e 2 táblas, 62,5 efectividade) |
JORGE CARNEIRO PENEDO (8 partidas con 5 vitorias e 1 táboas, 68,8 efectividade) |
Ademais contamos coa participación na sexta xornada de ANA FERNÁNDEZ CARNEIRO e JOSE MANUEL FERNÁNDEZ RODRIGUEZ.
Os xogadores do LAROCA-NIGRAN B que conseguiron manter un ano máis a este equipo en segunda son:
PATRICIO SALGADO ALONSO (9 partidas con 3 vitorias e 3 táboas, 50% efectividade) |
DANIEL VAZ VARELA (9 partidas con 6 vitorias, 66,7% efectividade) |
RAFAEL SIMOES GONZÁLEZ (8 partidas con 1 vitoria e 3 táboas, 31,3 efectividade) |
JOSE MANUEL ARAUJO VALVERDE (7 partidas con 2 vitorias e 1 táboas, 35,7 efectividade) |
FRANCISCO JAVIER VAZQUEZ ALONSO (7 partidas con 2 vitorias e 2 táboas, 42,90 efectididade) |
GABRIEL SALCEDA RODRIGUEZ (4 partidas con 1 vitoria, 25% efectividade) |
Parabén a todos e todas e, como di o amigo Paco "cada tempada TODOS melloramos e ao final... LAROCA é a host... con perdón. É o que nos merecemos, estamos a facer historia."
Ademais seguimos e seguiremos a promocionar e potenciar este deporte no Val Miñor e creando canteira. Son moitos xa os nenos e nenas que se achegan a este modesto club para aprender a amar este deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario