1º de Maio de 2017, dá comezo o XII Circuíto Galego de Xadrez Promoción 2017 co II Torneo Vila de Noia, onde un ano máis volve haber participación do Club Xadrez Laroca.
Nesta ocasión son dóus laroqueiros e unha laroqueira os que participan na categoría sub-14.
Ana Fernández Carneiro no posto 13 do ránking inicial é a segunda nena despois da súa amiga Paula Quintas.
Mauro Sanromán Costas desde o posto 20 inicial en busca de mellorar este posto na clasificación final.
Nas catro partidas da mañá, Artai saíu invicto con 3,5 puntos, Ana gañou unha partida e fixo táboas en dúas conseguindo 2 puntos e Mauro cunha vitoria e unhas táboas acabou a mañá con 1,5 puntos.
Xa pola tarde e despois do avituallamiento correspondente os nosos campións volveron aos taboleiros.


Mauro correu a mesma sorte que Ana nas dúas primeiras partidas da tarde e na sétima e última tocoulle enfrontarse a Andrés Vazquez na mesa dez con negras desde o posto 18 da clasificación xeral. Finalmente tras a derrota, terminou no posto 21 da xeral con 2,5 puntos.
Un bo torneo o destes mozos que ademais seguro que o pasaron fenomenal, porque diso trátase, de competir divertíndose.
E un bo torneo tiveron tamén os sufridos acompañantes, que non podemos esquecernos deles, Jose, Ramona, Ana e Xabier aguantaron todo o día consolando e animando cando acontecía a derrota e alegrándose con eles ante a vitoria.

O próximo torneo do Circuíto terémolo o vindeiro sábado día 6 de maio na Guarda, no que estaremos un nutrido grupo de laroqueiros e laroqueiras. XVII torneo de Xadrez Concello da Guarda
No hay comentarios:
Publicar un comentario