2 abr 2017

3 victorias e 2 derrotas na 9ª xornada de liga


Xornada novena na liga galega de xadrez. Xornada dispar para os equipos do Xadrez Laroca Nigran.  Tres vitoria (Laroca A, Laroca C e IES Auga dá laxe) e dúas derrotas ( Laroca B, Mallon) resultado final.

En terceira división esta era a última xornada e os nosos remataron tamén a sua participación. O IES Auga dá Laxe rematou no terceiro posto da clasificación xeral con 22,5 puntos e a dous do segundo posto que dá dereito ao ascenso. A vitoria de hoxe por 4-0 ante o Mos C non foi suficiente para lograr o tan ansiado ascenso. Doutra banda o Mallón non foi capaz de dobregar ao Bouzas B. Cun equipo mermado en efectivos Juan, Agustín e Mauro conseguiron un punto que os sitúa na clasificación final no quinto posto.

De todos os xeitos esta foi a primeira experiencia en liga dos nosos campións e campioas, acompañados por Jose Manuel, Pombo, Juan e Agustín, e seguro  que o próximo ano volverán tentalo. O noso parabén a Pablo, Ana, Hugo, Laura, Osian, Constantino, Mauro, Matías e os ascendidos de cuarta Guillermo, Sara, David, Adrián e Iago; todos eles e elas grandes campións que seguro que acabarán dándonos grandes alegrías no futuro.

No que respecta a primeira división, no grupo C os nosos campións do Laroca A lograron a súa cuarta vitoria nesta liga por 2,5 - 1,5 ante o Ourense C, con vitorias de Mirella e Fran e unhas táboas de Patricio, que ascendía desde o Laroca B de segunda división. Esta vitoria de hoxe afiánzaos na cuarta posición e a falta de 0,5 puntos de estar matemáticamente fóra dos postos de descenso.

No grupo E da segunda división o Laroca C volveu cultivar unha importante vitoria por 0-4 ante CXF Pub Musaraña de Vilagarcía. Con este resultado sitúase no terceiro posto (a falta de coñecer o resultado do Albatros A) e matemáticamente fóra dos postos de descenso a falta de dúas xornadas para o final da liga. Nesta ocasión foron Chema, Lino, Guillermo e Jorge os responsables desta importante vitoria, catro complicadas partidas que finalmente se decantaron ao lado dos Laroqueiros. O cuarto punto foi conseguido por Chema con negras nunha partida de catro horas e un final con damas e peón negro de vantaxe que foi levado con destreza e moita sangue frío polo noso compañeiro.
No Laroca B os 1,5 puntos foron conseguidos por Dani con vitoria e Rafa cunhas táboas. Este resultado non é suficiente para situalos lonxe do risco do descenso e seguen no posto noveno empatados co CXF Pub Musaraña e a dous puntos do descenso. As dúas xornada que quedan para o final serán decisivas, enfrontándose ao Mos B, que ocupa o décimo posto, e ao Altamira, actual faroliño vermello.

As dúas últimas xornada de liga en primeira e segunda división celebraranse os próximos sábados 22 e 29 de abril, tras o parón pola celebración dos Campionatos Galegos Semana Santa 2017 nas categorías sub-8, Sub-12, Sub-16, Absoluta, Feminina e Veterana, que terán lugar do 8 ao 14 de abril en Padrón, nos que tamén teremos participación de Laroqueiros e Laroqueiras. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario