23 abr 2017

10ª xornada de liga

Liga Galega Xadrez 2017. 10ª xornada

A penúltima xornada da liga galega de xadrez 2017 segue a manter as espadas en alto para os tres equipos de LAROCA que quedan en competición.

A falta da última xornada, o vindeiro sábado, seguen existindo opcións de ascenso para o LAROCA C en segunda división, o LAROCA A ten practicamente garantida como mínimo a cuarta posición en primeira e o LAROCA B dependerá de se mesmo para conseguir manterse en segunda.

______________________________________________________________________________

Resultados dos nosos equipos na 10ª xornada (22/04/17):

AJEDREZ MARCOTE
2 - 2
LAROCA-NIGRAN A
XADREZ ALTAMIRA
2 - 2
LAROCA-NIGRAN B
LAROCA-NIGRAN C
3'5 - 0'5
CXF - MESON DERBY



______________________________________________________________________________


A primeira división seguirá contando o ano que vén cun equipo de Nigran. Os nosos compañeiros do LAROCA A tras o empate desta xornada quedan lonxe dos postos de descenso e aseguran a súa permanencia nesta división. Os 22'5 puntos logrados ata a data consolídaos como mínimo na 4ª posición pase o que pase na próxima xornada, na que terán que enfrontarse ao actual primeiro clasificado o XADRE TUI - XADREZ GALEGO A.

En segunda división o LAROCA B conseguiu un empate que non consegue afastalos definitivamente dos postos de descenso, debido sobre todo á vitoria por 4-0 do CLUB XADREZ MOS B, equipo ao que se enfrontarán na última xornada. De todos os xeitos dependen de se mesmos e  unha vitoria nesta 11ª xornada deixaraos un ano máis en segunda.

Tamén na segunda división, o LAROCA C enfrontouse ao, ata o momento, segundo clasificado, arrincando unha importantísima vitoria que, tras a derrota do terceiro clasificado, sitúaos na segunda posición a só 2 puntos do ascenso.Esta vez os encargados de conseguir este gran resultado foron, Artai que no primeiro taboleiro conseguiu unhas meritorias táboas e Chema, Lino e Guillermos que conseguiron, coas respectivas vitorias, os outros tres puntos. A próxima xornada, o enfrontamento contra o último clasificado, EXP ZONA INFORMÁTICA, e o resultado que poida obter o primeiro clasificado, MOSEFESA & THE WAILERS, acabará despexando a incógnita sobre o ascenso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario