14 may 2025

XII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

 O próximo 14 de xuño terá lugar no pavillón municipal de Panxón a XII edición do Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol correspondente ao XVIII Circuito Galego Xadrez Promoción da Federación Galega de Xadrez.


Desde o Club de Xadrez Laroca, coa axuda de diversos patrocinadores, volvemos a organizar en Nigrán esta festa do xadrez para a xuventude na memoria de Dani, o noso compañeiro e amigo.

Toda a mocidade nada no 2005 e anos posteriores está convidada a pasar un bo día a carón do mar, botando unhas partidas con rapaces e rapazas que virán dende toda a xeografía galega ate o Pavillón de Panxón a celebrar con nós esta festa do xadrez!

Tódol@s los participantes que rematen o torneo terán trofeo e participarán no sorteo dunha espectacular lista de regalos.


CUPO CUBERTO 
INSCRICIÓN PECHADA
Moitas grazas pola vosa participación!

Se non chegaches a tempo, escríbenos un e-mail ao correo info@xadrezlaroca.gal

Consulta as bases do torneo (facer click para ampliar)

Bases do XII Torneo Dani da Rocha Prol

sub-8  sub-10  sub-12  sub-14  sub-20



Local de Xogo
Pavillón polideportivo de Nigrán
Rúa Gondomar, 2, 36340 Nigrán, Pontevedra


No hay comentarios:

Publicar un comentario