Rematabamos o anterior post con o mesmo que imos comezar este.
Desexamoslle moita sorte os nosos participantes nos campionatos calegos que se celebran en Padron o fin de semana.
Artai Bringas Gomez,
Ana Fernandez Carneiro,
Laura González Ferreira,
Sara González Ferreira.
¡¡¡¡¡Ánimo e a por todas!!!!!
A duas roldas por día e con un total de 8 roldas, no hotel Scala de Padrón, a so tres kilómetros da Casa Museo de Rosalía de Castro e por tanto inmersos nas terras e lugares que inspiraron á xenial poetisa, comezaba o sábado 22 de febreiro de 2020 as 10'00 horas con a primeira rolda.
En principio este campionato estaba configurado para duas categorías, unha xeral e outra feminina, pero debido a que o número de mulleres participantes non foi suficiente, integraronse as féminas participantes na categoría xeral.
A primeira xornada para a nosa xente podemos considerala boa. 1 punto logrado por Artai con duas táboas, 1 punto de Sara, 1 punto de Laura e 1 punto de Ana tras unha longa e interesante segunda partida contra Lucas Represas, fan de esta unha primeira xornada fructifera na que conseguimos un 50% de efectividade.
Ademais de poder ver os resultados en Info64 tamén temos oportunidade de seguir algunhas partidas en directo en Chess24 .
Agora a descansar para enfrontarse a segunda xornada o domingo 23 despois de un potente almorzo, duas novas xornadas que esperamos sean mellor que as de este sábado.
O Almorzo foi potente pero o dia non se deu demasiado ben. Artai logrou 1'5 puntos con unha vitoria por a mañana e unhas táboas por a tarde. O outro punto da xornada foi conseguido por Ana na súa partida da tarde contra a sua amiga Gela.
Despois de esta xornada e no ecuador da proba así estaba a clasificación dos nosos representantes:
- Artai Bringas Gómez queda no posto 12 con 2'5 puntos.
- Ana Fernández Carneiro no posto 20 con 2 puntos.
- Sara González Ferreira no posto 28 con 1 punto.
- Laura González Ferreira no posto 33 con 1 punto.
A clasificación final para a nosa xente quedou como segue:
- Artai Bringas Gómez queda no posto 6 con 5'5 puntos, sin unha soa derrota pero con a metade das partidas en táboas.
- Ana Fernández Carneiro no posto 27 con 3 puntos, mellorando o seu ELO en 18 puntos.
- Sara González Ferreira no posto 33 con 2'5 punto, con 3 táboas nas partidas de estes dous últimos días e unha mellora de ELO de tamén 18 puntos.
- Laura González Ferreira no posto 35 con 1 punto, pero sin poder xogar ningunha partida nestas duas xornada por enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario