Para rematar este exitoso ano 2019 e nunha das fins de semana máis cargados de torneos do ano, os Laroqueiros e as Laroqueiras participamos en tres de eses torneos. En Pontevedra estivo Fran Rego, en Xixón Artai Bringas e en Mos Breixo, Mauro, Ana, Jorge e Jose Manuel.
En principio Artai Bringas tiña previsto participar no torneo de Mos pero finalmente unha viaxe a Asturies fixo obrigou a facer un cambio de plans. Pero non podía quedar sen xadrez e o sábado 28 presentouse en Xixón, nun esixente I Torneo Solidario Cruz Roja - Gijon64 no que tivo que responden a un ritmo de 5+2 en 8 partidas das cales 5 foron xogadas contra contrincantes que están por riba dos 2000 puntos de ELO.
Artai conseguiu rematar no terceiro posto con 6 puntos dos 8 posibles e rematando con victoria na última partida contra o FM Sergio Guerrero.
PONTEVEDRA

Na foto podemos ver o inicio da primeira partida, disputada contra María Isabel Blanco, que se estrenaba e que pasa a formar parte de esas valentes xadrecistas que entraron neste deporte sin complexos, como a que está a dereita de Fran, Isabel Candamio. Fai xa uns aniños, este que escribe recibiu unha importante lección de vida de Isabel, seguro que Fran recibiu o mesmo da sua María Isabel.
MOS
Fomos cinco os que eliximos un ano máis Mos para rematar este ano a nivel xadrecista. Dous días de xadrez no xa VI Torneo de Nadal Mos Sub-2200 a un ritmo de xogo de 60 minutos máis 30 segundos por movemento.
Jose Manuel Fernandez segue a superarse persoalmente e logrou 2'5 puntos e mellorar en un posto a sua clasificación sobre o Ranking inicial. Ó noso presidente esperalle un ano 2020 en progresión.


Finalmente unha derrota na última partida e as táboas de Angela Rodriguez Ferreirós deixarona sen o merecido trofeo de primeira feminina; o xadrez é así de ingrato algunhas veces.

O grupo E da segunda división Galega vai estar moi interesante con Mauro de primer taboleiro do Laroca Mallon - Auga da Laxe, que tomen nota os seus rivais.

E por último tivemos a, como sempre, xenial participación de Breixo Alvarez Domínguez da que temos pouco de dicir, seis de seis e flamante campión do torneo.

Merecida vitoria campión,
Orgullo Laroqueiro.
E tamén xogamos a outras cousas e tamén descansamos e tamén comemos e sacamos fotos con Caperucita e o Lobo. Rematamos este ano xadrecista con alegría e seguros de que o 2020 traerá a este club moitos EXITOS moito XADREZ e sobretodo moita DIVERSIÓN.

No hay comentarios:
Publicar un comentario