Entre o 26 de xullo e o 1 de agosto deste ano 2021 os nosos laroqueiros Artai Bringas e Mauro Sanromán disputaron o Campionato de España Sub-18 de xadrez clásico e de xadrez rápido na localidade de Salobreña, en Granada. Ademais, outros 14 galegos e galegas tamén participaron no campionato dun total de 189 participantes.
O primeiro evento, de xadrez clásico:
Consistiu nun torneo suízo a 9 roldas de 90 minutos + 30 segundos de incremento.
Entre os 189 deportistas atopamos a xogadores destacados como Pedro Ginés, campión mundial Sub-14 en 2018, con 2470 Elo; Gabriel Quispe, con 2392 Elo; ou María Eizaguerri Floris, con 2304 Elo, a que finalmente foi a gañadora do campionato nesta modalidade con un total de 7'5 puntos e polo tanto campiona de España sub-18 2021.
Pola súa banda, Mauro Sanroman, cunha variación en positivo de 41,2 e performance de 1845, rematou na posición 72 con 4/9 puntos. Cabe destacar as súas dúas vitorias contra Tigran Movsisyan (1919 Elo) e Álvaro Ramírez (1964 Elo). Esta promesa Laroqueira ten moito que decir neste mundo do xadrez, en tan só dous anos conseguiu incrementar o seu Elo en 400 puntos, algo claramente difícil.
Tras finalizar o Campionato de España de xadrez clásico, deu comezo o de xadrez rápido:
Torneo suizo a 9 roldas a 10 minutos + 5 segundos de incremento.
Desta vez, o laroqueiro Artai Bringas (Performance 2012 e variación Elo +21'20) xogou un papel máis destacado que no campionato de xadrez clásico. Tras ser líder en solitario con 6/6 puntos, perdeu contra Gabriel Quispe e Pedro Ginés, campión e subcompión, gañou a última partida e rematou con 7/9, e un inesperado quinto posto empatado co cuarto a puntos.
Pola súa parte, Mauro Sanromán mellorou lixeiramente a súa posición inicial, conseguindo o posto 99 con 4/9 puntos nas rápidas ante rivais fortes como o xa mencionado Víctor Álvarez (2222 Elo), o excampión galego Martín Gómez Carreño (2090 Elo), ou Cecilia Guillo (2019 Elo).O torneo desputouse no hotel Salobreña Suites, neste precioso pobo da provincia de Granada que mira o mar e que dende fai uns anos recibe con cariño os e as axedrecistas de toda España e de todas as idades.
Como non pode ser de outra maneira tratandose de un deporte como o xadrez, o ambiente foi moi agradable e de amizade, con un altísimo nivel no que todos as persoas participantes así como as acompañantes merecen un grande parabén polo esforzo!
Por último queremos facer unha especial mención ao adestrador da representación galega, Jacobo Caselas, que axudou moito coa preparación técnica dos nosos deportistas, unha nutrida participación que deixou o xadrez Galego no lugar que lle corresponde.Delegación de Galicia completa: Jacobo Caselas (adestrador), Andres Rodríguez Ferreiros, Artai Bringas Gómez, Xacobe Conde Riveiro, David Boitron Ramil, Martín Gómez Carreño, Antonio Alvarez Pampillon, Mauro Sanroman Costas, Marcos Vazquez Gómez, Claudio Reboredo Martínez, Marta Quintas Fernández, Paula Quintas Fernández, Lucas Represas Gómez, Raquel Xian Carregado García, Adrian Vazquez Velasco, Laura Gómez Carreño e Raul Vazquez Brea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario