Como en anos anteriores, as nove roldas disputaranse en dúas xornadas. Este ano o Club de Xadrez Laroca será o anfitrión nas dúas xornadas, facéndose cargo da organización do campionato.
A cita será no CEIP de Mallón.
O domingo 20 de febreiro a partires das 16:30 disputaranse as cinco primeiras roldas. O domingo 27 de febreiro terá lugar o desenlace coas catro roldas restantes. Este é o cadrante cos equipos participantes
O primeiro e máis importante é divertirse, pasalo ben xogando ao xadrez e facer novos amigos doutros equipos.
E o segundo é (a ser posible) divertirse máis, pasalo mellor aínda, xogando ao xadrez e facendo máis novos amigos doutros equipos.
Estes son os xadrecistas que baixo a experta dirección de Tino están chamados a escribir outra gloriosa páxina na historia do noso Club.
Sorte para tódolos que ides a participar. Os que non, se non tedes plan para o domingo pola tarde, pasade polo colexio de Mallón para animar aos máis peques. De seguro que moitos deles non tardarán en dicirnos aquilo de "Mate!!, botamos outra?".
No hay comentarios:
Publicar un comentario