Despois de un merecido descanso tras proclamarse subcampioa de España en
Salobreña (Granada) no pasado mes de xullo, a xadrecista galega mais
internacional Mireya Represa volta a loita xadrecística.
Esta vez a cita é en Praga (República Checa) co cetro europeo en xogo.
Grande reto para a xogadora do Club de Xadrez Laroca. Sae 44 do ranking
e a primeira quítalle case 400 puntos de ELO, pero tódolos “laroqueiros”
sabemos que iso non vai arredar a nosa campioa. Tamén sabemos que por coraxe,
valor e xadrez merece ser oficialmente Campioa de Europa. No noso corazón xa é
a Campioa do Mundo Mundial!!!!.
Se queredes seguir a súa aventura, Juan o seu pai, o igual que noutras
ocasións, vai ternos ao día no seguinte blog: (pica no enlace)
Mireya tódolos teus amigos
do Club de Xadrez Laroca desexamos que o pases xenial e que teñas moita sorte
nesta nova aventura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario