29 ago 2012

Remata agosto ...

Remata agosto e comeza o evento xadrecístico mais espectacular, a Olimpíada Mundial de Xadrez. Para seguir a súa evolución pica no seguinte enlace: World Chess Olympiad
  
Juan e Mireya, xadrecistas sen fronteiras

 De tódolos xeitos para os "laroqueiros"  o evento mais importante xa rematou. Este foi sen dúbida a EYCC 2012 onde a nosa compañeira de equipo Mireya conseguiu manterse entre as 50 mellores xogadoras de Europa na súa categoría. Un moi bo torneo (4'5 / 9) diante das campioas de toda Europa, que de seguro vaille servir de experiencia para na vindeira edición  loitar polas medallas.
 Unha vez máis ¡¡GRANDE MIREYA!!
Toda a información neste enlace


A organización e os premiados.
Ulo Breixo?

Os BLA BLA BLA
Breixo Lua e Agustín

Xa no territorio patrio, a expedición do Laroca no Open do Albariño fixo tamén un moi bo resultado: Lúa e Agustín fixerón  3'5 e 4'5 puntos respectivamente mellorando os dous o seu ranking inicial. Breixo, tras unha inesperada derrota na 3ª rolda, fixo unha espectacular remontada para rematar con uns impresionantes 6 de 9 na 16ª posición empatado a puntos con varios xogadores titulados. 
Toda a información neste enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario