5 nov 2017

XI OPEN McDONALDS VILAGARCIA 2017


Con este torneo, como cada ano, remata o Circuíto Galego de Promoción 2017. Este ano a presenza Laroqueira foi inferior á de anos anteriores. A coincidencia deste torneo co V Torneo Social por equipos da ONCE de Vigo, no que tamén participou o noso club, fixo que só fósemos catro persoas as que nos desprazásemos a Vilagarcía


Na categoría sub-12 Diego Martín Abalde, tras algún tempo sen competir non podía deixar de participar neste último torneo do Circuíto e por suposto alí estivo. Nesta ocasión tocoulle lidar cos máis fortes e logrou finalmente 2 puntos de 7 posibles, rematando no posto 26 da clasificación final. O ano próximo seguirá nesta mesma categoría e seguro que conseguirá mellorar os seus rendemento.


Na categoría sub-14 Ana Fernández Carneiro enfrontábase ao seu último torneo nesta categoría, o tempo pasa, fánsenos maiores e o próximo ano terá que participar na categoría superior. Partindo no ránking inicial no posto 5 rematou no setimo lugar con 4,5 puntos.
Na última partida xogábase a posibilidade de lograr ser terceira na clasificación si conseguía a victoria pero so poido lograr unhas taboas, o que fixo que se dera un quintople  empate a 4,5 puntos e que o desempate a relegara a esa sétima posición.



En categoría absoluta, dóus foron os Laroqueiros participantes, Jorge Carneiro Penedo que partía no ránking inicial no posto 37 e Jose Manuel Fernández Rodríguez que partindo desde o posto 66 tentou mellorar o seu resultado neste tipo de torneos.




A clasificación final dos nosos deportistas foi:
No posto 26 de Sub- 12 Diego Martín con 2 puntos. Dúas vitorias
No posto 7 de Sub- 14 Ana Fernández con 4,5 puntos. Catro vitorias e unha táboas
No posto 50 de Absoluto Jorge Carneiro con 3 puntos. Dúas vitorias e dúas táboas.
No posto 65 de Absoluto Jose Manuel Fernández con 2 puntos. Dúas vitorias.

Felicitar aos organizadores do Club Xadrez Fontecarmoa pola impecable organización unha vez máis do evento e pola súa aposta firme pola promoción do xadrez en Galicia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario