15 sept 2017

Rematou o Europeo xuvenil


Mireya Represa Pérez, tras 9 partidas con cinco vitorias e dúas táboas rematou no posto 15 na categoría sub-16 feminina no "European Youth Chess Campionship 2017" que se celebrou en Romanía, converténdose na mellor das 5 participantes españolas que xogaron nesta categoría.

Queremos destacar a partida da rolda 7 na que Mireya, xogando con negras, na xogada 43 se atopada nunha situación clara de desvantaxe e tras coroar as branca un peón por dama na xogada 78, que a poñía nunha situación de moita máis desvantaxe, foi capaz de levar ao seu rival a unha posición de xaque mate final cunha gran vitoria (Enlace a la partida en chess24).

No Club Xadrez Larona sentímonos orgullosos da nosa compañeira e queremos felicitala pola súa forza e constancia neste tan complicado deporte, o que a está levando a estar cada día máis presente na elite do xadrez. O nome de Baiona, Nigran e o Val Miñor estivo presente en Romanía e  todo grazas a esta moza de 16 anos que se atreve a enfrontarse ao mellorciño do xadrez europeo. 

 ¡¡ Es moi grande Mireya, descubrímonos ante o teu inmenso talento !!

Tamén temos que felicitar ao resto de participantes da selección española e sobretodo aos nosos paisanos galegos. Esperamos que gozasen da experiencia e sigan mellorando o seu xogo. Temos unha boa canteira que seguro que nos dará moitas alegrías neste deporte a nivel mundial.

Jugadores de la delegación. Española celebrando el bronce de Marta García Foto





No hay comentarios:

Publicar un comentario