II TORNEO CONCELLO DE MOS 2017 |
Este sábado 2 de setembro de 2017 celebrouse o II TORNEO CONCELLO DE MOS no que o Club Xadrez Laroca estivemos representados en catro das cinco categorías:
Absoluta: Mireya Represa, Artai Bringas, Francisco Rego, Jose Manuel Ben, Jorge Carneiro e Jose Manuel Fernández.
Sub-14: Ana Fernández, Ricardo Fernández e Rafael Marquez
Sub 12: Diego Martín e Marcos Rego.
Sub 10: David Represa.
Unha vez máis o Club Xadrez Laroca soou no micrófono do speaker á hora da entrega de trofeos. Na categoría absoluta os nosos campións Artai Bringas Gómez, como sub campión da categoría e Mireya Represa Pérez como quinta clasificada, recibiron os seus respectivos trofeos.
RESULTADOS:
Artai Bringas Gómez, alcanzou o sub-campionato tras quedar invicto con 5 vitorias, 2 táboas e un total de 6 puntos.
Mireya Represa Pérez, cos seus 5 puntos alcanzou o quinto posto da clasificación xeral con 5 vitorias e 2 derrotas.
Francisco Rego Lorenzo, tamén con 5 puntos terminou no posto 12 da xeral tras 4 vitorias, 2 táboas e unha única partida perdida contra o tamén Laroqueiro Jorge Carneiro.
Jose Manuel Ben Alvarez, os seus 4 puntos situárono no posto 26 da xeral con 4 vitorias. Tamén neste caso produciuse un enfrontamento con Jorge Carneiro que se decantou do seu lado.
Jorge Carneiro Penedo, logrou 3 puntos nos tres enfrontamentos da mañá pero non conseguiu ningunha vitoria nas partidas da tarde, o que o situou no posto 40 da xeral. O sistema de emparellamento fixo que tivese que enfrontarse aos Laroqueiros Fran, Mireya e Chema.
Juan Represa Garazo, só puido xogar as tres partidas da mañá, a pesar do cal conseguiu 2 vitorias que o situaron no posto 56. Tamén no seu caso tivo un enfrontamento cun compañeiro do Laroca, Jose Manuel Fernández, do que sacou unha das súas vitorias.
Jose Manuel Fernández Rodríguez, seguindo coa súa progresión, logrou unha vitoria e unhas táboas que o situaron no posto 67. Cada vez é menos "malo" do que non se cansa de dicirnos. Ánimo Loroqueiro, ten en conta que é o teu primeiro ano e isto do xadrez é moi complicado.
Ana Fernández Carneiro, cos seus 4 puntos conseguiu situarse no posto 11 da clasificación xeral, empatada a puntos coa primeira feminina Paula Quintas.
Ricardo Fernández López, tamén con 4 puntos ocupou o posto 16 da xeral. O enfrontamento co seu compañeiro Rafael Marquez deulle unha das 4 vitorias.
Rafael Marquez Oliveira, non tivo o seu día e logrou un só punto.
Marcos Rego Calvo, tres vitorias, dúas de mañá e unha de tarde, proporcionáronlle os 3 puntos que o situaron no posto 23 da xeral.
Diego Martín Abalde, como Juan Represa tampouco puido xogar todas as partidas, pero aproveitou moi ben a tarde e das catro partidas conseguiu tres vitorias que o situaron no posto 25 da xeral.
David Represa Pérez logrou rematar no posto 29 da xeral con 3 puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario