28 ago 2017

Torneos Barcelona e Rianxo, o resultado Laroqueiro


Finalizado o XIX Open Internacional d'escacs de Sants que se celebrou entre o 18 e 27 de agosto  e no que como xa comentamos na entrada anterior participaba Artai Bringas Gómez, o balance para o noso compañeiro é positivo.

Este torneo estaba dividido en tres, o Grupo A (cun elo medio de 2128) o Grupo B (elo medio 1725) e o Grupo C (1371 de elo medio). Para Artai o reto era participar ao máximo nivel e así o fixo, apuntouse ao grupo A con un ELO medio moi superior ao seu. Dende logo temos que recoñecer que mais que un "loco" é un "valente" que non se encolle ante as dificultades.

Na clasificación final terminou no posto 343 de 403 participantes, mellorando a súa posición inicial en 21 postos. Esta posición logrouna cos seus 3 puntos no total das 10 partidas das que constaba o torneo, con catro táboas e unha vitoria. Nunha competición como esta de altísimo nivel parécenos un moi bo resultado e, sobretodo, cónstanos que foi unha gran experiencia persoal para él.

Moito mellor foille no torneo Blitz (a 5 minutos finish) que se celebraba ao mesmo tempo e no que logrou 4'5 puntos dun total de 9, terminando no posto 59 de 104 participantes cun ELO medio de 1948.

Parabén Artai pola túa valentía e agradecémosche que ti tamén leves o nome deste modesto club fóra das fronteiras de Galicia. 
Doutra banda, este fin de semana, como xa anunciamos na entrada anterior, celebrouse o IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo no que participamos 7 Laroqueiros e 1 Laroqueira.

Ultimamente estámos afeitos a non saír dos torneos cás mans baleiras e este non podía ser menos. Breixo Alvarez Domínguez terminou no posto 11 da categoría absoluta cun total de 6'5 puntos logrando o trofeo ao mellor Sub-2000.

Ademais de Breixo, na  categoría absoluta, participamos Francisco Rego Lorenzo (5 puntos), Jorge Carneiro Penedo (3'5 puntos) e Jose Manuel Fernández Rodríguez (2 puntos).

Neste torneo tamén había unha clasificación por equipos, na que o Club Xadréz Laroca quedamos sextos cún total de 17 puntos.



No que respecta ao torneo de promoción que tamén se celebrou ao mesmo tempo que o absoluto, a nosa participación estivo nas categorías Sub-14 e Sub-12.


En Sub-14 Ana Fernández Carneiro terminou de sexta con 5 puntos, Guillermo Cousido Martínez catorceavo con 4 puntos e Hugo Rego Calvo décimo oitavo con 3 puntos.

En Sub-12 Marcos Rego Calvo conseguiu un total de 3 puntos e terminou no posto decimonoveno. 



O próximo sábado día 2 de setembro estaremos en Mos, no II Torneo de Xadrez Concello de Mos (Bases do torneo), que ademáis de contar con categoría absoluta está tamén incluido dentro de Circuito Galego de Promoción e contará con has categorías de Sub-8 a Sub-14.

No hay comentarios:

Publicar un comentario