21 ago 2017

Torneos de verán, Laroca polo mundo


Continúan os torneos de verán e o Club Xadréz Laroca segue estando presente en moitos deles.

Artai Bringas, Burmakin y Mauro (detrás)
Tras o torneo da Garda e o V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra. Neste último participaron Artai Bringas e Mauro Sanromán conseguindo os dous un bo resultado final. Artai terminou no posto 70 con 5 puntos de 9 posibles, resaltando a súa vitoria contra Javier Cinza (ELO 2048); e Mauro Sanroman partindo do posto 161 no ranking inicial acodou o 140 da clasificación final, con 3 puntos.





O seguinte torneo no que participamos Laroqueiros celebrouse fóra das fornteras de Galicia, no pobo de Cubillos de Sil, na fermosa comarca do Bierzo. Alí estivemos o 12 de agosto Francisco Rego e Jorge Carneiro, competindo no XVII Torneo San Roque, coa presenza de 5 mestres, cun ELO medio de 1663 e a un ritmo de xogo de 10+5. Francisco Rego terminou no posto 14 con 5'5 puntos, conseguindo subir ao podium como mellor sub-2000. Doutra banda Jorge Carneiro con 4 puntos terminou no posto 35.



Pero a visita ao Bierzo non rematou aquí, ao día seguinte Francisco Rego, que seguía tendo fame de xadrez, participou no XX Torneo de Ajedrez Ciudad de La Bañeza. O torneo constaba de 8 roldas a un ritmo de xogo de 15+5 cun ELO medio de 1667 e Fran conseguiu situarse nun meritorio posto 16 cun total de 5 puntos.

Volvemos a Galicia e a unha das paraxes máis bonitas de España, referímonos á Illa de Arousa. Alí celebrouse o día 20 de agosto o Torneo Festival de Xadrez 2017. Alí estivemos a participar Ana Fernández Carneiro, no torneo sub-15 e Jorge Carneiro en absoluto. E levámonos un troféo, nosa Ana conseguiu o segundo posto na súa categoría.

E isto non remata aquí, o Club Xadréz Laroca tamén soa por terras catalás. Alí atópase Artai Bringas Gomez no XIX Open Internacional d'escacs de Sants, baténdose con grandes mestres e sen "cortarse un pelo", a verdade é que está un pouco "tolo" pero é feliz asumindo estes grandes retos aos seus 14 aniños. A data de hoxe e tras tres partidas xogadas, conseguiu medio punto, cunhas táboas contra Jordi Badia (elo 2046), pero isto está a empezar, que treman todos eses grandes mestres que chega o Gran Artai Laroqueiro. Animo compañeiro e a gozar do que máis che gusta.

E seguimos, esto non remata aquí. O próximo torneo no que imos participar celebrarase en Rianxo o próximo sábado 26 de agosto (IX Internacional Concello de Rianxo) e xa metidos en setembro o día 2 estaremos en Mos, no II Torneo Concello de Mos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario