Despois da gran actuación da nosa querida Mireya nos campionatos de España sub-16 e sub-18, queremos destacar o inicio do V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra que se celebrará do 8 ao 14 de agosto e no que teremos participantes Laroqueiro que están destinados a dar grandes alegrías a este modesto club de xadrez.
Os valentes Artai Bringas Gomez e Mauro Sanromán Costas son dóus dos 170 participantes neste torneo, no que terán a oportunidade de enfrontarse a grandes mestres como Vladimir Burmakin, Daniil Yuffa e Aleksa Strikovic, todos eles por encima de 2500 de ELO FIDE. Un torneo no que o ELO medio é 1753, o que lles dará a oportunidade de enfrontarse a rivais da súa mesmo nivel e a outros de nivel moi superior, co que supón iso de experiencia e reto persoal. Un importante reto para estes dous valentes Laroqueiros que seguro que salvarán con éxito.

Desde o Club Xadrez Laroca desexamos a Mauro e Artai moita sorte, moita concentración, que aprendan moito e, sobretodo, que o pasen moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario