Foto FEDA |
Do día 5 ao 14 de setembro celébrase en Mamaia, Romanía o Campionato de Europa Xuvenil de xadrez 2017, que inclúe desde a categoría sub-8 a sub-18.
Entre os 38 participantes da delegación española, atópase a nosa compañeira Mireya Represa Pérez que participa na categoría sub16 feminina, coa intención de seguir incrementando a xa gran cantidade de títulos e trofeos cos que conta. (Enlace o facebook da FEDA). Ademais de Mireya sete máis son os galegos e galegas que forman parte deste grupo. Benjamín Diéguez Novoa e a súa irmá Pura Diéguez Novoa e Paula Suárez Gómez en sub-10, Rubén Fernández López e Pablo López Varela en sub-12, Martín Gómez Carreño en sub-14 e Héctor Laiz Ibáñez en sub-16.
Mireya parte no posto 12 do ránking inicial, dun total de 75 participantes na súa categoría.
A data de hoxe e tras 5 roldas das 9 totais, atópase no posto 16 da clasificación xeral despois de 3 vitorias 1 táboas e 1 derrota. (Enlace os resultados de Mireya en chess-results).
Desexamos desde o Club Xadrez Laroca moita sorte a todo o equipo español e sobretodo á nosa campioa e ao resto de galegos e galegas que participan neste campionato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario