En Ferrol do 10 o 13 de febreiro dispútase o Campionato Galego Sub 18 2018, a un ritmo de xogo de 90 minutos máis 30 segundos, con un total de oito roldas. Unha laroqueira Mireya Represa Pérez ( 2057 ELO) e un laroqueiro, Artai Bringas Gómez (1850 ELO) atópanse entre os 22 participantes, con a intención de rematar nos primeiros postos da clasificación final.
Na primera xornada Mireya logrou un pleno de duas vitorias. Artai tras conseguir unha primeira vitoria non foi quen de vencer a Pablo Vidal (número 1 do ranking inicial) na sua segunda partida na mesa 1.
Na segunda xornada, o domingo 11, Mireya volveu a demostrar o forte que se atopa e non se moveu da mesa 1 conseguindo gañar as duas partidas, contra Pablo Vidal e Martín Gómez Carreño.
Artai nesta xornada conseguiu mellorar o resultado do día anterior, con un resultado de 1'5 puntos.
Tras esta segunda xornada Mireya sitúase no primeiro posto con 4 puntos e Artai no noveno con 2'5.
Rematada a terceira xornada o luns 12, a nosa compiona Mireya sigue invatida tras duas vitorias nesta xornada. Continúa no primeiro posto da xeral con 6 puntos e a 1'5 do segundo clasificado.
Artai, tras unha primeira vitoria e unhas taboas na sua partida contra Martín Gómez Carreño sutuase no cuarto posto con 4 puntos.
Cuarta e última xornada. Na primeira patida tivemos un enfrontamento laroqueiro no primeiro tabolero, Mireya con brancas e Artai con negras, que rematou con vitoria de Mireya conseguindo garantir, a falta de unha partida, o primeiro posto na xeral.
Na xornada da tarde Mireya perdeu a única partida do campionato logrando finalmente 7 puntos dos 8 posibles e proclamandose campiona galega sub-18 2018.

Pola sua banda, Artai logrou unhas importantes taboas que o situaron no sexto posto da clasificación xeral con 4'5 puntos.
Mireya Represa Pérez, WFM (Maestro FIDE Feminino), un orgullo para todas as persoas que formamos parte do Club Xadrez Laroca e todo un luxo contar con esta campiona no noso club. Unha vez mais fíxonos difrutar con o seu xogo inda que fose dende a distancia. Esta vez tivemos ademáis a posibilidade de ver as suas partidas e admirar o seu magnífico xogo. Graciñas compañeira, unha vez máis graciñas por seguir formando parte de este modesto club o que con a tua presencia fas máis grande.
Artai Bringas Gomez. ¿Que podo dicir eu de este fantástico rapaz, como delegado do equipo no que milita na segunda división? O seu nome xa comeza a soar forte neste mundo do xadres e a sua progresión estamos seguros que o levará a conquerir grandes logros neste deporte. A gran familia laroqueira tamén sentimos moito orgullo de telo como compañeiro e de que leve o nome do noso club por España a diante.
Tamen quixeramos lembrarnos dos sufridores e sufridoras , os pais e nais de estes dous craks que aguantaron estoicamente estas catro xornada de xadrez en Ferrol. Graciñas por estar e apoiar a estes dous fenómenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario