17 feb 2018

3ª Xornada Liga Galega Xadrez 2018



Sábado 17 de febreiro, cinco da tarde, despóis do parón de carnavais para a celebración dos campionatos galegos, terceira xornada da liga galega de xadrez 2018.

Estes son os encontros e resultados de cada un dos equipos Laroca Nigran:

1ª División Grupo C:
AJEDRES MARCOTE - LAROCA A                           =   2'5 - 1'5

2ª División Grupo E:  
EXP ESCOLA DEPORTIVA - LAROCA B                =   1 - 3
LAROCA C - CHIRINGO CONTOS TUI                   =   3 - 1

3ª División Grupo F:  
IES AUGA DA LAXE - XADREZ PONTEAREAS B =   1'5 - 2'5
XADREZ ALTAMIRA - MALLON                             =   3 - 1




Na primeira división o LAROCA A desplazou a Mireya Represa Pérez, Constantino González Levices, Sergio López Pérez e Francisco Rego Lorenzo a terras de Mondariz para enfrentarse a un equipo a priori con un ELO medio superior.e hasta o momento segundo na clasificación xeral. Un resultado final de 2'5 - 1'5 que sabe a vitoria e que deixa o noso equípos en postos cómodos na taboa clasificatoria.

En segunda division o LAROCA B desplazouse á capital pontevedresa co obxetivo de sair dos postos de descenso. O equipo formado por Patricio Salgado Alonso, Daniel Vaz Varela, Rafael Simoes González e Jose Manuel Araujo Valverde conseguiu a primeira vitoria da temporada e o obxetivo de conseguir abandoar un posto na clasificación que non lle corresponde.

Nos locais de Nigran xogou o LAROCA C defendendo os catro taboleiros Artai Bringas Gómez, Jose Manuel Ben Álvarez, Avelino Iglesias Fernández e Jorge Carneiro Penedo. En principio presentabase un duelo equilibrado no que os laroqueiros buscabamos unha vitoria que nos afianzara nos primeiros postos da clasificación. Todo rematou con ese resultado, con esa vitoria interesante que sigue a manternos nos primeiros postos da clasificación.


En terceira división o IES AUGA DA LAXE (Ana Fernández Carneiro, laura González Ferreira, Osián Pombo González e Jose Manuel Fernández Rodríguez) no noso local de Cotros defendía o primeiro posto na clasificación e esta derrota acabóu situando no posto xx da clasificación xeral.

O outro equipo de terceira, MALLON, desplazou a Agustín Alvarez González, Mauro Sanromán Costas, Ricardo Fernández Lóprez e Matías Rajo Valverde hasta Salceda. Á beira do rio Caselas non foron quen de conquerir unha vitoria que os afaste dos postos baixos da taboa.

Un total de 10 puntos sobre 20 posibles son os conseguidos nesta xornada por os equipos laroqueiros, destacando as vitorias dos equipos de segunda e a derrota por a mínima do de primeira, mentras que en terceira a pesar das derrotas seguimos a manter ó Auga Da Laxe nos primeiros postos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario