Sábado 26 de xaneiro de 2019 as cinco da tarde da comezo a Liga Galega por Equipos 2019.
Un ano máis o Club Xadrez Laroca participamos en primeira, segunda e terceira división, nesta ocasión, con un total de catro equipos e como sempre aspirando a conseguir ós mellores resultados sin descartar ningunha posibilidade. Imos a por todas.
RESULTADO DOS NOSOS EQUIPOS NA PRIMEIRA XORNADA
ROLDA-1 26-01-2019 | |||
1ª C | LAROCA-NIGRAN A | 3 - 1 | UNIVERSITARIO DE OURENSE A |
2ª E | LAROCA-NIGRAN B | 1'5 - 2'5 | LAROCA-NIGRAN C |
2ª E | MALLON-IES AUGA DA LAXE | 2 - 2 | ONCE |
En primeira división no grupo C este primer encontro ten lugar nos locais de Nigran contra o Universitario de Ourense A, equipo que o ano pasado xa militara nesta mesma división e que rematou no posto 5 da clasificación xeral con medio punto menos que o noso Laroca A. Nesa ocasión o resultado de este enfrentamento foi de 1'5 - 2'5 a favor do equipo ourensá.
As cousas mudaron este ano e cún equipo formado por Mireya Represa Pérez, Artai Bringas Gómez, Constantino González Levices e Sergio López Pérez o resultado final foi de vitoria con tres puntos logrados por as vitorias de Artai e Tino nos taboleiros segundo e terceiro e as táboas de Mireya e Sergio nos tabolerios primeiro e cuarto.
LAROCA-NIGRAN A 3 - 1 UNIVERSITARIO DE OURENSE A
----------ooooo000ooooo----------
En Segunda división no grupo E o primeiro enfrentamente, tal e como marcan as normas, prodúcese entre os dous equipos Laroca que están nesta división. Difícil repetir o resultado do ano pasado no que o Laroca C foi quen de vencer por 3'5 a 0'5.
Nesta ocasión o resultado non se repetíu pero si volveu a caer a vitoria do lado do Laroca C.
Nesta ocasión o resultado non se repetíu pero si volveu a caer a vitoria do lado do Laroca C.
O punto e medio obtido por o Loroca B foi alcanzado por as táboas de Daniel Vaz Varela, Rafael Simoes González e Jose Manuel Araujo Valverde no seu enfrontamente con Jose Manuel Ben Alvarez, Avelino Iglesias Fernández e Carlos Groba Presa nos taboleiros segundo, terceiro e cuarto.
O punto que lle deu a vitoria o Laroca C foi optido no primeiro taboleiro por Tomás Bernardez Duran en dura disputa con Patricio Salgado Alonso.
O punto que lle deu a vitoria o Laroca C foi optido no primeiro taboleiro por Tomás Bernardez Duran en dura disputa con Patricio Salgado Alonso.
LAROCA-NIGRAN B 1'5 - 2'5 LAROCA-NIGRAN C
----------ooooo000ooooo----------
En terceira división no grupo K, este ano inscribimos nesta categoría un só equipo formado por os xogadores que no ano pasado formaban os equipos Mallon e Auga Da Laxe e con algunha nova incorporación.
Neste primeiro encontro enfrontáronse a un dos equipos fortes de este grupo, descendido o ano pasado da segunda división.
A Vigo e os locais da ONCE trasladáronse Ricardo Fernández López, Guillermo cousido Martínez, Juan Manuel Represa Garazo e Jose Manuel Fernández Rodríguez.
Ricardo e Guillermo nos taboleiros primeiro e segundo con sendas vitorias permitiron o empate final e o que podemos considerar un bo comezo.
LAROCA MALLON - AUGA DA LAXE 2 - 2 ONCE DE VIGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario