27 ene 2019

Provinciais Pontevedra 2019



O ano 2019, e previo ó comezo da liga, comezou con os campionatos  provinciais, que no caso da provincia de Pontevedra tiveron lugar os días 19 e 20 de xaneiro en Vilagarcía, organizados por o Club Xadrez Fontecarmoa.

Nesta ocasión o Club Xadrez Laroca participamos en tres das sete categoría con 16 xogadores:

En Sub-12 "Alevins" (2) os irmán David e Marcos González Iglesias.

En Sub- 14 "Infantis" (4) Diego Martín Abalde, Marcos Rego Calvo, Sara González Ferreira e Brais Fernández Rouco.

En Sub-16 "Cadetes" (6) Artai Bringas Gómez, Ricardo Fernández López, Mauro Sanroman Costas, Ana Fernández Carneiro, Laura González Ferreira e Osian Pombo González.

En Absoluto (4) Constantino González Levices, Mireya Represa Pérez, Francisco Rego Lorenzo e Jorge Carneiro Penedo.


Tras dous interesantes días de xadrez, os 12 laroqueiros e 4 laroqueiras voltamos a Nigran satisfeitos e con algún que outro merecido premio.

Na categoría Alevin David rematóu no posto 36 con 3'5 puntos e Marcos no posto 50 con 2 puntos. (Clasificación final Sub12)

En Infantis os mellor clasificados do noso club foron Diego e Marcos, os dous con tres puntos e nos postos 20 e 21 respectivamente, unha moi meritoria clasificación si temos en conta ademáis que este é o primeiro ano dos dous nesta categoría. Sara e Brais só puderon xogar o primeiro día e remataron nos postos 31 e 34 con 1 e 0 puntos respectivamente. (Clasificación final Sub14)

En Cadetes foi na categoría na que tivemos máis participantes e mellores resultados, logrando Artai o segundo posto na clasificación xeral e Ana o de primera feminina. Tamén Ricardo e Mauro fixeron un gran campeonato conseguindo rematar nos postos 8 e 12 con 4 e 3'5 puntos respectivamente. Laura e Osian remataron con 2'5 puntos nos postos 19 e 24, igualando os dous o seu ranking inicial. (Clasificacion final Sub16)

E finalmente en absoluto tamén tivemos presencia laroqueira no podium con Constantino no terceiro posto con 5'5 puntos e Mireya no posto oitavo con 4'5 e primeira feminina. Tamén con 4'5 puntos rematou Francisco no posto 10 e o outro participante, Jorge no posto 31 con 3 puntos.(Clasificación final Absoluto).

Estes catro trofeos logrados neste campionato é o primeiro paso deste ano 2019, seguiremos nesta gran familia Laroqueira obtendo triunfus e sobretodo disfrutando de este gran deporte que nos encanta. 
Parabéns a Tino, Mireya, Artai, Ana, Fran, Jorge, Ricardo, Mauro, Laura, Osian, Diego, Marcos, Sara, Brais, David e Marcos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario