4 feb 2019

Liga Galega 2019. 2ª Xornada


Despois da fructífera primeira xornada para os equipos Laroca. este sábado día 2 de febreiro afrontamos unha nova xornada de Liga, que ramatou con tres vitorias e un empate que conseguen que poidamos condierar este como un "bo inicio de liga".

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA - 2       02-02-2019
1ª CCLUB DEPORT. XADREZ OURENSE C1 - 3LAROCA-NIGRAN A
2ª ELUCENA - XG1'5 - 2'5LAROCA-NIGRAN B
2ª ELAROCA-NIGRAN C2'5 - 1'5 CXF - XONA ABERTA
3ª KLUCENA A2 - 2MALLON - AUGA DA LAXE






Para disputar o encontro de primeira división grupo C, tivemos que facer un cambio de última horas, sustituir a Breixo por enfermidade e trasladar a Ourense a Mireya Represa, Artái Bringas, Sergio López e Jose Francisco Rego. Estes catro foron quén de conquerir un excelente resultado que os situa segundos con seis puntos despois dos 3 puntos logrados na pasada xornada. O dito "bo inicio de liga"

En segunda división no grupo E os nosos equipos lograron idénticos resultados. O Laroca B trasladou a Vigo a Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes  e Jose Manuel Araujo e os seus puntos foron conseguidos por Daniel e Rafael con sendas vitorias e as táboas de Patricio. "bo inicio de liga"

O Laroca C xogou na casa e esta vez houbo cambios con respecto a xornada anterior e xogaron Tomás Bernardez, Carlos Groba, Jorge Carneiro e Antonio Díaz. As duas vitorias foron conseguidas por Tomás no taboleiro 1, Jorge no taboleiro 3 ,e as táboas de Antonio no cuarto taboleiro. "bo inicio de liga"

En terceira división grupo K trasladamos a Vigo os nosos pipiolos Ana Fernández, Mauro Sanroman, Osián Pombo e Laura González. Un novo empate con as vitorias de Ana e Mauro situa ó noso equipo no quinto posto da clasificación xeral con catro puntos. "bo inicio de liga"


No hay comentarios:

Publicar un comentario