10 feb 2019

Liga Galega 2019. 3ª xornada

LIGA GALEGA 2019 (TERCEIRA XORNADA)

Avanza a Liga Galega de xadrez 2019 e xa chegamos a terceira xornada que se celebrou o 9 de febreiro. Nesta ocasión tres dos equipos do Club Xadrez Laroca xogamos na casa e un desplazouse  ao pé do Monte Santa Tecla, encargado de  vixiar a unión do Miño co océano Atlántico.

Nesta ocasión os Laroqueiros e Laroqueiras tivemos unha vez mais unha xornada con luces e sombras, logrando duas vitorias olgadas e duas derrotas. 

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA - 3       09-02-2019
1ª CLAROCA-NIGRAN A1'5 - 2'5XADREZ BUEU A
2ª ELAROCA-NIGRAN B3 - 1MOSEFESA & THE WAILERS
2ª EALBATROS A3'5 - 0'5 LAROCA-NIGRAN C
3ª KMALLON - AUGA DA LAXE3'5 - 0'5VILLA DE BOUZAS B



En primeira división o Laroca A enfrontase o reto de intentar repetir o resultado conseguido o ano pasada contra este equipo (tres puntos logrados con as vitorias de Sergio e Fran e as táboas de Mireya e Artai). Este ano Mireya Represa (vitoria), Artai Bringas (táboas), Constantino Gonzalez (perdida) e Sergio López (perdida) foron os que se enfrontaron ao desafío e, a pesar de non conseguir igualar o resultado do ano pasado, si foron quen de conseguir ese punto e medio que os mantén en posición cómoda na clasificación xeral. 

En segunda división dous difíciles encontros tiveron que afrontar os nosos equipos.

Laroca B convocou en Cotros a Patricio Salgado (taboas), Daniel Vaz (taboas), Rafael Simoes (vitoria) e Jose Manuel Arajujo (Vitoria) para enfrontarse a un complicado Mosefesa ante o que conseguiu unha importante vitoria que os sitúa con sete puntos na clasificación xeral.

O outro equípo de esta categoría, Laroca C, tiña o reto importante de intentar vencer a un dos equipos fortes da categoría co que o ano pasado solo foron quen de logran medio punto grazas a unas táboas de Avelino. Esta vez os encangados de intentalo foron Tomás Bernardez (perdida), Jose Manuel Ben (taboas), Jorge Carneiro (perdida) e Antonio Díaz (perdida). Un ano máis repetiron o mesmo resultado que os deixa con cinco puntos e medio para afrontar o tamén complicado encontro da semana  próxima contra o equipo a priori máis forte da categoría, o Mos A.

En terceira divisiónMallon - Auga da Laxe lograron a primeira vitoria da temporada tras os dous empates das xornadas anteriores. Esta vez os encargados de conseguir esta vitoria foron Ricardo Fernández (Vitoria), Agustín Alvarez (Vitoria), Guillermo Cousido (Vitoria) e Juan Manuel Represa (taboas). Con sete puntos e medio sitúanse nunha posición interesante na clasificación xeral.



Na próxima xornada, o sábado 16 de febreiro voltaremos a intentar conseguir o mellor resultado posible. Estos son os enfrontamentos de esta xornada:

1ª CCLUB DEPORTIVO XADREZ OURENSE B - LAROCA-NIGRAN A
2ª EXADREZ ALTAMIRALAROCA-NIGRAN B
2ª ELAROCA-NIGRAN C -  CLUB XADREZ MOS A
3ª KLUCENA B - MALLON - AUGA DA LAXE



No hay comentarios:

Publicar un comentario