24 feb 2019

Liga Galega 2019 5ª xornada

LIGA GALEGA 2019 5ª  XORNADA
Así foi esta quinta xornada da liga galega para os nosos equipos, tres vitorias e unha derrota por a mínima fai que esta sexa a mellor xornada para os Laroqueiros e Laroqueiras ata agora na liga:

1ª C
VILLA DE BOUZAS
1  - 3
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
CHIRINGO CONTOS TUI
1'5  -  2'5
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
XADREZ MOS B
2'5  - 1'5 
LAROCA-NIGRAN C
3ª K
VILLA DE BOUZAS C
0 - 4
MALLON - AUGA DA LAXE



LAROCA NIGRAN A: Mireya Represa, Artai Bringas, Constantino González e Sergio López.
Vitorias de Artai, Tino e Sergio.

Seguimos mellorando, seguimos mantendo a progresión con esta cuarta contundente vitoria da temporada que nos situa con 14'5 puntos no segundo posto na clasificación xeral, a punto e medio do Liceo Grupo A Postal que ocupa a primeira posición e será o noso proximo rival o 9 de marzo en Nigran.


LAROCA NIGRAN B: Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Francisco Javier Vazquez.
Vitoria de Rafael e taboas de Patricio, Daniel e Paco


Unha nova vitoria, esta vez por a mínima, sitúanos na terceira posición tras o Mos A e o Albatros A que siguen invictos e metidos na loita directa para conseguir o ascenso a primeira. Xa na metade do campionato estos 11 puntos dan unha tranquilidad absoluta a este equio que o ano pasabo sufríu moito hasta as últimas xornada.

LAROCA NIGRAN C: Tomás Bernardez, Cargos Groba, Jorge Carneiro e Antonio Díaz.
Vitoria de Tomás e taboas de Carlos.

Mal comezo este ano o de este equipo si temos en conta outros anos. De todolos xeitos temos que ter en conta que, o contrario que en anos anteriores, este comezamos enfrentandonos os clubes mais fortes da categoría e por o tanto a segunda metade da tempada debería ser máis axeitada para mellorar na clasificación xeral. Como dí o noso primeiro taboleiro Tomás, "punto a punto conseguiremos sair de esta posición".
Neste intre atopámonos en postos de descenso con 7 puntos con duas vitorias e tres derrotas.



LAROCA MALLON AUGA DA LAXE: Ricardo Fernández, Ana Fernández, Mauro Sanromán e Laura González. 
Pleno de vitorias.

Increible progresión de este equipo que comezou con dous empates e que os últimos resultados o situaron en postos de ascento a segunda división na clasificación xeral superado o ecuador de liga con cinco encontros disputados dos nove que corresponden a esta categoría. 
Un 100% de efectividade de Ricardo, Ana, Mauro, Agustín e Guillermo xunto con un punto de laura, outro de osián e medio de Juan, fan que este ano manteñamos moitas posibilidade de remar a liga con un ascenso.

----------ooooo000ooooo----------

Chega o parón de entroido e a celebración dos campionatos galegos sub 14 e sub 18 nos que teremos tamén unha participación laroqueira. Os nosos pipiolos Artai Bringas, Ricardo Fernández, Ana Fernández, Mauro Sanromán e Guillermo Cousido darano todo en Cangas para conseguir o mellor resultado posible.

O seguinte sábado de liga será polo tanto o 9 de marzo. Este día estaremos os catro equipos nos nosos locais de Cotros e enfrontarémonos a Liceo Grupo A Postal en Primerias división, a CXF Zona Aberta e Albatros B en Segunda e a Exp CVCV Valladarez en Terceira 

No hay comentarios:

Publicar un comentario