18 abr 2019

Campionatos Galegos Semana Santa 2019

Un ano mais e tras os campionatos celebrados en Cangas nos días de entroido, aproveitamos en Galicia a Semana Santa para seguir con máis xadrez, esta vez en Padrón e para as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-16, Absoluto, Femenino e Veteranos.



Por parte da familia laroqueira, este ano desplazamos a cinco deportistas que participaron na categoría Sub-16. Artai Bringas Gómez, Ricardo Fernández López, Mauro Sanroman Costas, Guillermo Cousido Martínez e Ana Fernández Carneiro.








Artai Bringas presentábase con un ELO de 2045 e no terceiro posto do ranking inicial. 

Durante as catro xornadas a duas partidas diarias conseguiu 4 vitorias, 3 táboas e tan só unha derrota contra o marinense Angel Ferreño, quen a postre acabaría como campión de Galicia.

Rematóu no 7º posto da clasificación xeral con un total de 5'5 puntos.



Ricardo Fernández partía no posto 25 no ranking inicial e tras catro vitorias e duas táboas non se moveo de esta posición.

Cos mesmos puntos e as mesmas vitorias que Ricardo, Mauro Sanroman foi o que conseguíu a máis grande mellora, partindo do posto 33 logróu rematar no posto 18. 




Guillermo Cousido con 3 vitorias e 3 taboas rematou no posto 28 mellorando tamén a sua posición que partía do posto 36.


Ana Fernández comezou moi ben  os dous primeros días nos que conseguiu 2'5 puntos pero nos dous últimos logrou soamente unhas táboas que a fixeron rematar no posto 55 da xeral.

A xeración Pink Panter do Xadrez Laroca despois de logran un estupendo ascenso a segunda (Ricardo, Mauro, Guillermo, Ana) e unha moi boa posición con o equipo de primeira división (Artai), enfrontaronse a este reto no que podemos considerar que os resultados foron tamén moi  bos a nivel xeral. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario