28 abr 2019

Liga Galega 2019 11ª xornada


Sábado 27 de abril de 2019 as 17:00 horas comezan as partidas da última xornada da liga Galega 2019. Os equipos Laroca A e C non nos xogábamos nada, non así o Laroca B, que xunto con cinco equipos máis se xogaba continuar ou non na segunda división.

Estes foron os encontros e resultados dos nosos equipos nesta xornada:

1ª C
AJEDREZ MARCOTE - HOTEL CEMAR
4 - 0
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
CXF - DEPORTES RODAS
1'5 - 2'5 
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
2'5  - 1'5
XADREZ ALTAMIRA



Nada que comentar en primeira división, Artai Bringas, Sergio López, Fran Rego e Mauro Sanromán (incorporado do equipo de terceira) tiveron unha xornada de trámite na que non se xogaban absolutamente nada.

Finalmente rematamos a liga no 5º posto da xeral con 5 vitorias, 1 empate e 5 derrotas, con un total de 22'5 puntos.

Por o Laroca C Tomás Bernardez, Chema Ben, Lino Iglesias e Carlos Groba no seu enfrontamente con un dos equipos en liza para o descenso, conseguiron unha vitoria que non foi suficiente para conseguir que o Laroca B se mantivese en esta categoría.

Un cuarto posto na clasificación xeral nos consolida un ano máis nesta categoría, o que chegamos grazas a 6 vitorias, 1 empate e 4 derrotas con un total de 23 puntos.

Para o Laroca B (Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Jose Manuel Araujo) a sua vitoria en terras de Arousa non foi suficiente por pouco. Có CXF - Deportes Rodas xa descendido, produciuse un triple empate a 17'5 puntos para os outros dous postos de descenso que se resolveu mediante o desempate do SONN que veneficiou a Chiringo Contos Tui e manda a terceira división a Laroca B e Lucena XG.

Rematada a Liga 2019, esperamos a Liga 2020 na que teremos un equipo Laroca en primeira e dous en segunda un ano máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario