Intenso Agosto con presencia Laroqueira
Bratislava, A Illa de Arousa, Pontevedra, A Guarda, Cambados, Cubillos de Sil, Mondariz, Linares, Úbeda, Rianxo, Sants.
Slovakia, Galicia, El Bierzo, Andalucía, Cataluña.
Comezamos un moi activo a nivel xadrecistico mes de agosto o xoves día 1 en Bratislava, Slovakia con o European Youth Chess Campionships 2019, ou o que é o mesmo o campionato européo por idades, no que participou Mireya Represa Pérez. O Obxetivo como sempre é mellorar e neste caso o reto sitúase nos 6 puntos e o 9º posto logrado o ano pasado neste mesmo campionato
Ademáis de Mireya, temos que destacar a participación neste ano de tres galegos, en Sub-8 feminino a mosense flamante campiona de España Maia Pérez Sousa, en Sub 14 Ruben Fernández López e en Sub-16 masculino Martín Gomez Carreño, os que participaron a un altísimo nivel. Esta é unha proba máis dó ben que se están a facer as cousas no xadrez desta nosa terra.
Mireya partía no posto 11 no ranking inicial e tras un comezo un tanto irregular con unha derrota e unhas táboas contra rivais a priori inferiores a ela, conseguiu duas vitorias seguidas hasta o enfrontamento na quinta rolda con a andaluza Ana Redondo que rematou con vitoria para esta última e rotura da racha gañadora para Mireya. Finalmente conseguiu 5 puntos de 9 posible e a posto 30 na clasificación final.
-----ooo00ooo-----
Mentras se estaba a celebrar este campionato europeo o domingo día 4 na Illa de Arousa tiña lugar o Torneo Festa do Mexilón no que este ano só participou por parte do noso club Jorge Carneiro Penedo.
A pesar do alto nivel que había este ano, Jorge conseguiu manterse no seu nivel e con catro vitorias de sete partidas logrou mellorar o seu ranking inicial. Pero sobretodo disfrutou dos encantos de este lugar e da fenomenal acollida que as xentes do Club Xadres Dorna sempre nos dan.
-----ooo00ooo-----
Entre os días 8 e 14 na cidade de Pontevedra un ano máis Artai Bringas Gomez (Masters) e Mauro Sanroman Costas (Amateur) mediron as suas forzas no VII Torneo Internacional Cidade de Pontevedra.
Tras unha semana de xadrez a moi alto nivel tanto Mauro como Artai conseguiron uns moi bos resultados.
Artai na categoría de Masters partía no posto 56 de 85 e rematou no 40. Tras 7 taboas, 1 vitoria e 1 derrota remotou con 4'5 punto, un Performance de 2181 e unha mellora de 53 puntos no seu ELO, o que o situará por enriba dos 2100.
Mauro en Amateur partía no posto 50 de 146. A pesar das tres derrotas optidas rematou con 5 puntos no posto 42. Pouco a pouco está conseguindo mellorar no seu xogo e torneo a torneo segue a mellorar o seu ELO. Parece que unha semana non foi suficiente para este rapaz e volverá a enfrontarse a outra semana máis de xadrez en Mondariz entre o día 16 e o 23.
Tras unha semana de xadrez a moi alto nivel tanto Mauro como Artai conseguiron uns moi bos resultados.
Artai na categoría de Masters partía no posto 56 de 85 e rematou no 40. Tras 7 taboas, 1 vitoria e 1 derrota remotou con 4'5 punto, un Performance de 2181 e unha mellora de 53 puntos no seu ELO, o que o situará por enriba dos 2100.
Mauro en Amateur partía no posto 50 de 146. A pesar das tres derrotas optidas rematou con 5 puntos no posto 42. Pouco a pouco está conseguindo mellorar no seu xogo e torneo a torneo segue a mellorar o seu ELO. Parece que unha semana non foi suficiente para este rapaz e volverá a enfrontarse a outra semana máis de xadrez en Mondariz entre o día 16 e o 23.
-----ooo00ooo-----
O mesmo tempo que comezaba o Torneo en Pontevedra o mesmo xoves día 8 pola tarde, sempre ó aire libre e normalmente con un sol de coidado e esta vez a cuberto pola choiva, na Guardia comezaba as 16:00 horas o XIX Torneo Festa do Monte, no que esta vez a presencia laroqueira foi menor a outros anos.
Francisco Rego Lorenzo presentábase con moitas posibilidades partindo no terceiro posto no ranking inicial e rematando no cuarto posto. Non defraudou conseguindo 6 puntos de 7 posibles, perdendo só a última partida contra o que a postre se proclamou campión, empatado a puntos co segundo e terceiro e só a 1/2 punto de BUC do terceiro.
Jorge Carneiro Penedo volveu a repetir os 5 puntos logrados o ano pasado o que o situou no posto 15º de un total de 85 participantes.
Francisco Rego Lorenzo presentábase con moitas posibilidades partindo no terceiro posto no ranking inicial e rematando no cuarto posto. Non defraudou conseguindo 6 puntos de 7 posibles, perdendo só a última partida contra o que a postre se proclamou campión, empatado a puntos co segundo e terceiro e só a 1/2 punto de BUC do terceiro.
Jorge Carneiro Penedo volveu a repetir os 5 puntos logrados o ano pasado o que o situou no posto 15º de un total de 85 participantes.
-----ooo00ooo-----
O Sábado 10 en Cambados, organizado polo Club de Xadrez Albariño e puntuable para o XIV Circuito Galego de Promoción tamén había participación Laroqueira.
Esta vez en Sub-8 Vega Vives Rubio e Adrian Blas Fuentes e en Sub-10 Iago Vives Rubio
A Brais unha vitoria e duas táboas situarono no posto 16 mentres que Vega remauto un posto máis abaixo, no 17, con unha vitoria e unhas táboas logradas contra Brais.
Iago en sub-10 conseguiu tres puntos por tres vitorias e rematou no posto 16.
-----ooo00ooo-----
Seguimos o domingo día 11 en Cubillos de Sil, nas terras do Bierzo, no XIX Torneo Internacional San Roque 2019, a donde acudiron en busca de máis xadrez tras o torneo de A Guarda Francisco Rego Lorenzo e Jorge Carneiro Penedo, os que se están a convertir en habituais neste torneo.
9 partidas valederas para ELO de rápidas a un ritmo de xogo de 10 minutos máis 5 segundos por xogada.
Fran Comezaba perdendo contra o Mestre Internacional Carlos Suarez e comezou gañandolle a Jorge e continuando en racha con duas vitorias máis e unhas táboas, ramatando a maña con 3'5 puntos. A tarde non foi tan ben e só conseguiu un punto mais con unha vitoria na última partida. Definitivamente rematou no posto 19 con 4'5 puntos, unha mellora de 20 puntos de ELO, un Performance de 1907 e un premio en metálico.
O de Jorge foi outra historia, neste torneo tan esixente soio foi quen de conseguir 2'5 puntos con un Performance de 1306 e unha perda de 23 puntos de ELO.
-----ooo00ooo-----
O mesmo domingo día 11 na Illa de Arousa, Ana Fernández Carneiro tiña o seu particular torneo no Circuito de Xadrez no Camiño 2019 celebrado nese bonito pobo.
Unha excelente participación tivo nosa Ana nesta xornada, na que con 4'5 puntos de 7 posibles conseguiu rematar como mellor feminina e aportar un trofeo máis a sua vitrina.
-----ooo00ooo-----
Do 16 ó 23 en terras de Mondariz celebrase o VI Abierto Internacional de Ajedrez Hotel Cemar "Fernando Marcote in Memoriam" no que a participación do noso club é Mauro Sanroman Costas, Carlos Groba Presa e Ricardo Fernandez Lopez. A un ritmo de xogo de 90+30 é este un torneo esixente no que de 88 participantes Mauro partía no posto 40, Carlos no 58 e Ricardo no 61.
Mauro non xogou a primeira patida e hasta a hata a sexta partida so foi quen de logran 4 táboas, unha delas contra Ricardo na 5ª rolda. Na setima rolda logrou a súa primeira vitoria para continuar na seguinte con outras táboas contra Carlos Groba. Finalmente o punto conseguido na última rolda contra Gonzalo Bastos situouno no posto 34 con 5 puntos.
Carlos comezou moi ben facendo táboas contra o FM Sergio Huguet, unha vitoria o día seguinte contra Alejandro Cereijo, tres xornadas malas con derrota e unhas sexta e setima roldas vitoriosas para procurar comezar a recuperación que o poña no seu lugar. Como comentamos enteriormente na rolda oito fixo taboas contra Mauro y a novena non poido xogala por problemas de axenda. Con 4 puntos e no posto 47 da xeral conseguiu mellorar a sua posición inicial en e un incremento no su ELO de 28 puntos.
Ricardo comezou perdendo contra o maño AIM Avelino Antonano. A partir de esta derrota conseguiu facer un torneo bastante regular con 4 taboos e 2 vitorias que o situaron o final no posto 58 na clasificación e logrou unha pequena mellora no seu ELO.
-----ooo00ooo-----
Do 19 o 23 nas terras andaluzas de Linares Mireya Represa Pérez, co club Andrea Paterna B de Valencia participaba no Campeonato de España de Clubs de 2ª división Linares 2019.
Mireya xogou as sete partidas o máis alto nivel e conseguiu 3'5 puntos para o equipo, que rematou no posto 28 de 50.
Destacar tamén a participación de catro clubs galegos, o Club Xadrez Fontecarmoa (13 puntos e 2º posto que supon o ascenso a primeira), Xadrez Estratexia pola Paz (15º con 8 puntos), Club Ajedrez Padrón (no posto 35 con 6 puntos) e a Escola Luguesa de Xadrez (posto 43 con 4 puntos). Dámoslle dende estas páxinas a nosa noraboa ós Arousans por o seu ascenso e desexamoslles moitos exitos no futuro.
Mireya, como tiña a tarde do 23 libre e "nada mellor que facer" decidiu acercarse a Ubeda para disputar o Campeonato de España Relámpago no que conseguiu 4'5 puntos. Volveu o día 24 a cidade de Linares para disputar o Campeonato de España de rápidas 2019 no que, con 5 vitorias de 9 partidas, alcanzou o posto 71 mellorando o 127 que ocupaba no ranking inicial.
-----ooo00ooo-----
Sábado 24 de agosto de 2019, Rianxo, Barbanza, XI Torneo Internacional Concello de Rianxo, tres laroqueiros, Ana Fernandez Carneiro, Jose Manuel Fernández Rodriguez e Jorge Carneiro Penedo no torneo absoluto a un ritmo de xogo de 15+3 e valedero para ELO FIDE de rápidas.
Ana tras rematar con catro vitorias e unas taboas no posto 72 da clasificación xeral conseguiu a premio a mellor feminina. Ademáis de un novo e bonito trofeo para a súa vitrina logrou mellorar o seu ELO en 26 puntos conseguindo así superar os 1300 puntos.
Jose Manuel tivo que enfrontarse aos outros dous Laroqueiros, cos que cosechou sendas derrotas. Finalmente logrou 3 puntos e rematou no posto 120 da clasificación xeral, 9 por enriba do seu ranking inicial.
Jorge comezou moi mal conseguindo un so punto nas cinco primerias partidas, so no final do torneo conseguiu remontar e con duas vitorias e duas taboas logrou rematar con catro puntos no posto 89 e mellorar tamén o seu ranking inicial.
-----ooo00ooo-----
XXI Open Internacional d'Escacs de Sants, Hostafrancs i la Bordeta do 23 de agosto ó 1 de setembro, 10 partidas a un ritmo de xogo de 90 minutos para as 40 primeiras xogadas + 30 minutos + 30 segundos por movemento, dividido en tres grupos, con 346 participantes entre os que se atopan Artai Bringas Gómez e Breixo Alvarez Domínguez, dous laroqueiros levando a Galicia polo mundo.
Artai situase no ranking inicial no posto 200. Comeza este torneo cá intención de mellorar o resultado do ano anterior, 6 puntos e no posto 95 da clasificación final.
Breixo parte do posto 226 e non ten nada que superar do ano anterior, xa que non participou neste torneo, so ten que superarse a si mesmo e demostrarse que é capaz de logra un bó resultado neste esixente torneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario