21 sept 2019

Crónica setembro 2019




Sábado 7 de setembro, Mos, IV Torneo Consello de Mos. Participación Laroqueira Artai Bringas, Francisco Rego, Patricio Salgado, Avelino Iglesias, Jorge Carneiro, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Ricardo Fernández, Manuel Costas (Sub 14) e Anxo Platero (Sub.8)

Sábado 14 de setembro, Santiago, III Torneo Cidade de Compostela. Participación Laroqueira Patricio Salgado, Jorge Carneiro, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Jose Manuel Fernández, Manuel Costas (Sub 14).

Sábado 21 de setembro, Vilagarcía de Arousa, XXVII Memorial Adolfo Pedrido. Participación Laroqueira,  Artai Bringas, Constantino González, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Laura González, Manuel Costas (Sub 14) e Sara González (Sub 14).



MOS

Como tódolos anos, a participación do Club Xadrez Laroca no IV Torneo Consello de Mos foi bastante importante. Desprazamos a dez deportistas, oito en categoría absoluta, un en sub-14 e outro en sub-8.


Na clasificación final da categoría absoluta o mellor situado foi Artai Bringas, con 5 puntos de 7 posible, no oitavo posto. O seguinte foi Ricardo Fernández que con 4 puntos conseguiu un meritorio trintavo posto mellorando substancialmente o seu 67º posto do ranking inicial. Mauro Sanromán e Avelino Iglesias empatados a catro puntos ocuparon os postos 34 e 35 respectivamente. Detrás deles con medio punto menos Patricio Salgado no posto 43 e Ana Fernández no 44 e primeira feminina. Finalmente Jorge Carneiro e Francisco Rego con tres puntos remataron nos postos 54 e 56 respectivamente.

En Sub-14 Manuel Costas sigue a intentar mellorar e adquirir experiencia co hándicap de haber comezado a competir este ano e nunha categoría tan complicada.  Un punto foi todo o que conseguiu pero non desespera e segue a intentalo.

En Sub-8, temos a Anxo Platero, fillo de Avelino que se presentou con a camiseta Laroqueira e conseguiu situarse no posto 16 con nin máis nin menos que tres puntos.


SANTIAGO

O seguinte fin de semana a cita foi en Santiago, no III torneo Cidade de Compostela. No centro comercial Area Central disputouse este torneo válido para ELO e a un ritmo de xogo de 15 minutos máis 3 segundo por xogada.

En Categoría Absoluta Patricio Salgado con 3’5 puntos e no posto 44 foi o primeiro laroqueiro na clasificación final seguida cos mesmos puntos por Ana Fernández no posto 55. Con 3 puntos Mauro Sanromán no posto 61 e Jorge Carneiro no 65 e con 2 puntos Jose Manuel Fernández no posto 90.

En Sub-14 volveu a intentalo Manuel Costas e volveu a conseguir un punto, como no torneo de Mos.



VILAGARCÍA

E rematamos por este mes o 21 en Vilagarcía con Artai Bringas e Mauro Sanromán nos postos 10 e 11 e co título de 1º e 2º sub 2000, Constantino González con 4 puntos no posto 33, Ana Fernández con 3’5 puntos no 45 e 2º feminina e Laura González con 2 puntos no posto 72. En sub-14 Sara González cos seus 3 puntos ocupou o posto13 e Manuel Costas con duas táboas (unha delas contra Sara) e unha vitoria consegue millorar as suas últimas actuacións e remata no posto 14.


VALGA


O domingo día 22 neste bonito pobo do límite da provincia de Pontevedra ca de Coruña, celebrouse oVI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Valga no que Francisco Rego colleitou catro vitorias e duas táboas de oito roldas e 5 puntos que o situaron no posto 32 da clasificación xeral deste esixente torneo 


No hay comentarios:

Publicar un comentario