19 dic 2022

Breixo imponse no XXVI Torneo LAROCA

Breixo Alvarez imponse na categoría absoluta no XXVI torneo de xadrez Laroca celebrado nas instalación do CEIP Mallón o domingo 18 de decembro.

Torneo interno, mais invitados que o club Laroca organizamos para despedir o ano e tomar un pequeno ágape unha vez rematado.

Torneo que se disputaron en tres categorías, Iniciación na que se impuxo Lois Platero Iglesías, categoría Promesa na que se impuxo con pleno de vitorias Lucas Perez Da Costa, e categoría Absoluta na que se impuxo Breixo Alvarez Dominguez, con este torneo o club de xadrez Laroca da por rematada a tempada 2022.

Agradecer a dirección do Ceip Mallón e o Concello de Nigrán pola súa colaboración co club.

 Clasificación Iniciación /promesas

 clasificación adultos

 









No hay comentarios:

Publicar un comentario