Mostrando entradas con la etiqueta torneo festa do monte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta torneo festa do monte. Mostrar todas las entradas

11 ago 2017

XVII Torneo Festa do monte

Lua, Breixo, Ana, Fran, Hugo, Diego, Marcos, Jorge, Jose
Rafa y  Sergio (no están en la foto)
LAROQUEIRO EN A GARDA

Unha nutrida representación do Club Xadrez Laroca estivemos hoxe na Garda no Torneo Festa do Monte 2017. 11 laroqueiros desprazámonos a esta bonita localidade do sur de Galicia para participar neste torneo ao aire libre que é xa o XVII que organiza o Club Xadrez Albatros.

E, como non podía ser doutra forma levámonos algúns premios. 

O primeiro posto na categoría absoluta foi para Breixo Alvarez Domínguez cun pleno de 6 vitorias. 

Na categoría de Sub-14 Ana Fernández Carneiro logrou o primeiro posto cun total de 4 puntos e Hugo Rego Calvo o segundo con 3 puntos.


86 foron os participantes neste torneo e, ademais dos premios, a representación do Laroca tamén conseguimos bos postos na clasificación xeral:

1º.-  Breixo Alvarez Domínguez con 6 puntos.
8º.-  Sergio López Pérez con 4´5 puntos.
13º.- Jorge Carneiro Penedo con 4 puntos.
17º.- Francisco Rego Lorenzao con 4 puntos.
24º.- Ana Fernández Carneiro con 4 puntos.
27º.- Lua Alvarez Domínguez con 3´5 puntos.
37º.- Hugo Rego Calvo con 3 puntos.
38º.- Rafael Simoes González con 3 puntos.
46º.- Marcos Rego Calvo con 3 puntos.
67º.- Jose Manuel Fernández Rodríguez con 2 puntos.
72º.- Diego Martín Abalde con 1´5 puntos 

Un ano máis, e xa son uns cuantos os que levamos participando neste bonito torneo, pasámolo moi ben e queremos agradecer aos compañeiros do Club Xadréz Albatros que nos volvan a dar a oportunidade de xogar ao xadrez nesta contorna tan entrañable. Seguro que volverán organizalo o ano que vén e volveremos estar alí os Laroqueiros e Laroqueiras.


Doutra banda lembramos que se está celebrando o V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, no que seguen os nosos compañeiros Artai e Mauro. Tras catro partidas xogadas Artai acadou dúas vitorias e Mauro unha.