|
Lúa, J.Ignacio e Javi |
O luns 16 de febreiro arrancou o
Campionato de España sub-16. Difícil misión, para os oito rapaces e a as dúas rapazas da representación galega, conseguir un sitio no pódium. Desde o luns, 139 xadrecistas de todo o estado disputan este torneo, que ten un ELO medio de 1789, e 27 xogadores xa superan os 2000, todos con menos de 16 anos. O ránking inicial está encabezado por o MF Jaime Santos Latasa co seu intimidador ELO FIDE 2399. Neste ránking os primeiros galegos, nos postos 37 e 38, son
Luis Segura e
Lucas Abal, que xunto con
Jorge Iglesias forman o grupo de galegos con máis de 1900. No tramo de 1800 atópase a campioa galega
Inés Prado e
Javier Dguez Carnero. Xa no tramo de 1600 atopamos a
David Vázquez,
Manuel Lorenzo e
Manuel Carballo. Completan a representación galega a xogadora do Club de Xadrez Laroca
Lúa Álvarez Domínguez e
José Igmacio Cabanelas, nas posicións 126 e 127 respectivamente do ránking inicial. Para axudalos coa preparación e a análise das partidas está como delegado o GM Manuel López Candelario. Aproveitamos a ocasión para felicitalo pola sua convocatoria coa selección absoluta para a Olimpíada de Estambul 2012. Gran deportista e gran persoa.
|
Luis e Lucas |
Aínda que a misión é difícil, o ánimo,a ilusión e bo ambiente na expedición galega son grandes.
Despois de tres roldas Luis e Lucas son os mellores galegos con 2’5 puntos. Destacar as táboas de Jorge na 2º rolda contra a WFM Irene Nicolás (4ª do ránking).
Lúa tivo que enfrontarse en 1ª rolda ao galego Javier Dguez Carnero. Tras unha partida de mais de 4 horas Javi conseguiu unha posición superior pero os dous tiñan menos de un minuto no seu reloxo. Ao final Javi levouse o punto. Pola tarde outra partida de 4 horas que volveu a escaparse. Na terceira rolda aceptou unhas táboas con calidade de mais ante os apuros de tempo. Medio punto para Lúa que sen dúbida e pouco botín para o xadrez que despregou nas súas partidas. Seguro que os puntos non tardan en chegar.
|
Inés |
|
Manuel Lorenzo |
|
Jorge Iglesias |
|
Manuel Carballo |
|
David Vazquez |
Esta vez non puido ser. Como dixeramos o principio a misión era moi dificil. Pero despois de acadar contra todo pronostico a medalla de bronce no Cto de España por Autonomias sabiamos que era posible. A verdade é que o xadrez de base galego estanos mal acostumbrando aos aficionados ao xadrez ata o punto de que sexa noticia que non haxa un galego no pódium.
No pódium masculino non houbo sorpresas e os tres primeiros do ranking (Jaime Santos Latasa, Carlos Suarez e Jesus Martín) acadaron os tres primeiros postos. Tamen no pódium femenino os dous primeiros postos foron para as dúas primeiras xadrecistas do ránking (Irene Nicolas, Ga La Garcia-Castany) e saltaba a sorpresa no terceiro posto para a madrileña Eva Mª Monge. Parabéns para as campioas e os campións!!!
¡¡Ánimo Lúa!! ¡¡Te queremos...!!
ResponderEliminarUn saúdo para toda a familia. Moita sorte e a pasalo ben...
Bicos. Estamos con vós.