Hoxe daba comezo en Salobreña o Campionato de España Sub 16 2017, no que entre a representación de Galicia (un total de 9 xogadores e xogadoras) atópanse dúas Laroqueiras que tentarán dalo todo e conseguir o mellor resultado posible. Referímonos a Mireya Represa Pérez e Ana Fernández Carneiro.
Desde hoxe 24 de xullo e ata o próximo 29 de xullo xogaranse un total de 9 roldas en xornadas de mañá e tarde, a un ritmo de xogo de 90+30.
Na tarde do día 29 e o día 30 celebrarase o campionato de rápidas cun ritmo de 10+5 no que tamén participarán Mireya e Ana.
O seguimento pódese facer en info64, onde se irán actualizando os resultados.
Tamén podemos ter acceso ás imaxes en YOUTUBE.
Por outro lado podemos ver en chess24.com retrasmiten os 25 primeiros taboleiros en directo.
Por outro lado podemos ver en chess24.com retrasmiten os 25 primeiros taboleiros en directo.
Na primeira xornada da mañá de hoxe a nosa campioa Mireya foi a única da delegación de Galicia que conseguiu a vitoria ante un rival con ELO inferior ao seu. O resto de galegos, incluída Ana, enfrontábanse a rivais con ELO moi superior ao seu e non conseguiron dar a sorpresa. Isto está a empezar e, a pesar do altísimo nivel que hai neste campionato de España, seguro que estes Galeguiños e Galeguiñas darano todo e conseguirán un bo resultado.
Desde o Club Xadrez Laroca queremos dar moito ánimo aos nosos paisanos e paisanas e como sempre desexarlles que gocen deste gran deporte (ademais da piscina e de todo o bo de Salobreña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario