25 jun 2017

Campeonato de España de ajedrez por equipos 2017 (3)


Finalizado o Campionato de España de xadrez por equipos 2017, a selección de Galicia fixo un moi bo papel a pesar de rematar no posto sexto da clasificación final. Un só punto de diferenza na última partida contra a Comunidade Valenciana, impediu que terminásemos no segundo posto. Tras gañar a súa partida Rubén Fernández e facer táboas Angel Ferreño, ata o último momento e nunha partida de infarto de Paula Quintas, non se resolveu a contenda, que finalmente caíu ao lado da Selección Valenciana.

Unha proba do gran papel realizado pola nosa selección foron as dúas medallas logradas por Rubén (mellor segundo taboleiro do campionato con 5 vitorias de 5 partidas) e Martín (mellor primeiro taboleiro con 3 vitorias e unhas táboas de 4 partidas). info64


A nosa laroqueira quedou satisfeita da súa participación neste campionato. Tras a primeira partida perdida, na segunda e con negras, conseguiu unha vitoria contra o Rioxano Mario Fernández Alvarez, que supuxo, xunto coas vitorias de Rubén e Martín, dous puntos para os galegos.

Desde o Club Xadrez Laroca queremos felicitar a todos os participantes da Selección Galega e á Federación por este gran resultado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario